10:28 h. jueves, 28 de marzo de 2024

O BNG reitera o seu apoio ás traballadoras e aos traballadores dos Museos Científicos Coruñeses

Stadio Sport  |  19 de diciembre de 2015 (11:51 h.)
1435561007791_860_1000_U_a368cdb8956b397472bd919b242ad3

O Bloque manifesta a súa repulsa co feito de que se manteña prestando un servizo público unha empresa que vulnera os dereitos das traballadoras e dos traballadores

O Grupo Municipal do BNG reitera o seu apoio ás traballadoras e os traballadores do Servizo de Atención ao Público dos Museos Científicos Coruñeses, que onte lle solicitaron por escrito ao Goberno municipal a rescisión do contrato coa empresa SAMYL, actual adxudicataria da concesión do servizo e en prórroga, polos reiterados incumprimentos en materia salarial, laboral e polas constantes presións e o acoso que se exerce sobre este persoal.

As nacionalistas lembran a súa moción presentada e debatida no Pleno de novembro na que demandan a remunicipalización deste servizo, aproveitando o momento no que se atopa a concesión, que non contou co apoio do Goberno Municipal da Marea Atlántica.

Así mesmo, o Bloque manifesta a súa repulsa con que se manteña prestando un servizo público, e polo tanto lucrándose, unha empresa que vulnera os dereitos fundamentais das traballadoras e dos traballadores, que acumula até 23 sentenzas xudiciais condenatorias.

 

Hemeroteca