00:02 h. viernes, 19 de abril de 2024

O BNG pregunta ao Goberno polo caso Baltar e se vai pedir a súa dimisión

Stadio Sport  |  03 de noviembre de 2015 (19:26 h.)

Francisco Jorquera avanzou que a pesar de que o BNG non poderá preguntar a Feijóo na quenda de preguntas por mor dos recortes establecidos polo pacto PP-PSOE, o BNG preguntará ao Goberno pola denuncia dunha muller contra o Presidente da Deputación, José Manuel Baltar, ante un presunto delito de “acoso sexual”, tipificado na Lei de Igualdade galega

 

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera avanzou hoxe, tras a comparecencia posterior á Xunta de portavoces, que a pesar de que o BNG non poderá preguntar a Feijóo, na quenda de preguntas polos recortes establecidos polo pacto PP-PSOE, o BNG preguntará ao Goberno pola denuncia dunha muller contra o Presidente da Deputación, José Manuel Baltar por un presunto delito de “acoso sexual” tipificado na Lei de Igualdade galega e tamén sobre as declaracións do propio Feijóo que afirmou: “Lo que pedía esa persona era que el señor Baltar delinquiese, y el señor Baltar no delinquió”.Declaracións que Jorquera cualificou de reprobábeis.

O parlamentario lembrou que nas gravacións, “José Manuel Baltar solicitaba favores sexuais a cambio de promesas de colocación” con frases como: “claro que te voy a ayudar y esa promesas va a misa”, “en ese momento, cuando sea presidente yo me comprometo a hacer,” “si tu quieres algo no la cagues, joder”.

Francisco Jorquera cualificou de “practicas de nepotismo” outras frases nas que Baltar comprometese a “tu nota tengo que cambiarla. Tú vas a sacar más”.

 

O presidente da Xunta ampara ao acosador

O parlamentario cualificou de “gravísimos” os feitos ao igual que as declaracións de Feijóo cando asegura que “o que pedía a muller que acusa a Baltar é que dilinquise e Baltar non delinquiu”. Para o deputado, Feijóo converte a vítima e culpabel e está “amparando a un acosador”. Jorquera lembrou que a Lei para a Prevención e Tratamento contra a Violencia de xénero inclúe condutas consistente na solicitude de favores de tipo sexual na que o suxeito mantén unha situación de superioridade laboral , docente ou análoga e lembrou que este delito, no caso dun funcionario, leva aparellada a pena de inhabilitación.

 

Vindeira sesión plenaria

O deputado avanzou os debates propostos polo BNG para a vindeira sesión plenaria entre os que destacou unha proposición non de lei sobre a torre do antigo hospital de Vigo sobre o que o BNG propón que a Xunta presente un Plan de usos sanitarios para o centro e a revitalización socioeconómica da súa contorna.

Ademais será debatida a situación da flota galega do cerco amarrada por un reparto inxusto de cotas que fai que o 80% dos buques galegos no podan faenar, pediremos ao Goberno que escoite as reivindicacións do sector para que as cotas se repartan de acordo a criterios socioeconómicos.

Noutra orde de cousas, o BNG tamén preguntará sobre á prorroga da concesión de Ence-Elnosa na Ría de Pontevedra e o impacto dos contratos dos gandeiros tras as medidas adoptadas no acordo de Madrid para o sector leiteiro galego.

Hemeroteca