00:00 h. jueves, 25 de abril de 2024

O BNG condena un novo feminicidio e pide accións urxentes contra a violencia machista

Stadio Sport  |  30 de diciembre de 2015 (19:02 h.)

O BNG manifesta a súa repulsa diante dun novo feminicido en mos e reclama actuacións urxentes para garantir a prevención e pór freo a esta masacre contra as mulleres

 

Remata o ano tendo que denunciar un novo asasinato machista diante do que só podemos responder con firmeza como sociedade, denunciando de forma contundente todas as mostras de violencia que sofren as mulleres, que urxe visibilizar e condenar sen eufemismos desde todos os espazos.

O BNG esixe que as institucións e poderes públicos respondan á intolerábel vixencia deste gravísimo problema adoptando medidas urxentes para avanzar na prevención, así como priorizar a creación e mantemento de medios para o combate da violencia machista e para o apoio das vítimas. Rematar cos feminicidios debe ser unha prioridade absoluta na actividade política en todas as institucións. Tamén debe selo combater todas e cada unha das mostras de violencias machistas, como a recente agresión xenófoba e sexista acontecida en Ourense en decembro e denunciada onte polos colectivos sociais da cidade a través dunha mobilización.

Por todo isto, o BNG continuará a traballar desde todas as instancias das que fai parte para avanzar nas políticas que conduzan ao progresivo exterminio do feminicidio da nosa sociedade e avancen na consecución dunha sociedade realmente igualitaria. Neste sentido, a mobilización social do feminismo é un piar fundamental para avanzarmos na visibilización da violencia machista e na presión en todos os espazos para conseguir medidas reais que poñan freo a esta situación. Por iso, o BNG chama a participar en todas as convocatorias e actos públicos que se convoquen para rexeitar este novo asasinato machista.

Hemeroteca