13:24 h. sábado, 20 de abril de 2024

Balance de 100 días de goberno no Concello de Ourense

Stadio Sport  |  22 de septiembre de 2015 (02:00 h.)

O alcalde, Jesús Vázquez, acompañado do seu equipo de goberno, analizou as claves destas primeiras semanas no Concello de Ourense

 

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañado por todo o seu equipo de goberno, compareceu este luns ante os medios de comunicación para facer balance dos 100 primeiros días de goberno no Concello de Ourense.

Jesús Vázquez comezou falando do respeto institucional. "O deterioro que sufriu a institución  municipal no pasado mandato é algo que endexamáis se debe volver a repetir. A Corporación Municipal é a representación local da soberanía popular que, cos seus votos, elexiron aos seus representantes públicos. O cargo que ostentamos require o máximo respeto á institución e, por suposto, aos compañeiros que comparten escaño no Salón de Plenos. Con transparencia, cordialidade e capacidade para desbloquear múltiples asuntos e pliegos, parte fundamental para que funcione o Concello, planificando e racionalizando os recursos municipais".

No tocante ao diálogo: "é a máxima que quero exercitar cada día, sempre a prol de acordos que redunden no beneficio de Ourense e dos seus intereses xerais. Nestes 100 días fumos a primeira gran cidade de Galicia en acadar acordo sobre o funcionamento dos grupos, asignacións e persoal de confianza, co fin de poder establecer canto antes as dinámicas de traballo (xunta de goberno, xuntas de área, comisión de pleno, comisión de suxerencias e reclamación, comisión especial de contas...). E tamén conseguimos levar adiante unha modificación de crédito (6,064 millóns de euros) moi necesaria para pagar débedas a proveedores do Concello e manter actividade municipal ata finais de ano·.

En definitiva: o alcalde recalcou que a xestión levada a cabo nestes 100 días está baseada na normalidade. "Ourense merecía dende hai tempo recuperar esa ansiada normalidade. Traballo, respeto institucional, diálogo e antepoñer sempre os intereses xerais da cidade, dos ourensáns, por riba de calquera sigla política. É a liña que marcamos nestes 100 días de funcionamento do goberno municipal e será a liña que seguiremos no futuro".

 

No tocante aos logros acadados nestes 100 días, Jesús Vázquez lembrou cuestións como:

  • A consecución de 3,5 millóns de euros para a Praza de Abastos correspondente ao 1,5% Cultural.
  • 1 millón de euros para a posta en valor da Ponte Romana.
  • A creación dun albergue de peregrinos na rúa da Barreira.
  • O compromiso para a ampliación da Escola Oficial de Idiomas.
  • Un obradoiro de emprego.
  • O reforzo para o servizo de Axuda no Fogar, conseguindo eliminar a lista de espera para grandes dependientes (os de terceiro grado) tras acadar 5.600 horas máis por parte da Xunta de Galicia, correspondentes á Lei de Dependencia.
  • Un Punto de Atención ao Emprendedor (axilizar trámites para crear empresas en 24 horas).
  • Convenio con Turismo da Xunta de Galicia para a sinalización nas zonas termais por 150.000€, cunha addenda de 50.000€ que mellorará os accesos en 200.000 euros.
  • Programa Ourense Integra e adscripción a Galeuropa. Primeiro protocolo municipal de Galicia para acoller refuxiados: un Concello máis social.
  • Convenio coa Dirección Xeral para o Deporte para realizar a remodelación integral do Anexo do Pavillón, a dotación de vestiarios para o módulo de Atletismo, ou a construcción dun campo de fútbol 5 (400.000 euros).

 

No tocante ás iniciativas propias dentro da xestión ordinaria do Concello, o alcalde de Ourense destacou:

  • Plan de choque de limpeza intensiva en todos os barrios, sen coste adicional para o Concello.
  • Plan intensivo de arranxo de desperfectos nas rúas e mobiliario urbano: 498 bancos, 3.215 metros de barandillas, reparación dunha ponte de madeira en Portovello, tala de 13 árbores perigosos e mellora do solo de cultivo de 29 especies no Posío, 11 xogos infantís...
  • Plan de limpeza e desbroce de camiños no Perímetro Rural (284.623 m2).
  • Plan de choque de reparación de baldosas nas beirarrúas e bacheos.
  • En cumprimento do clamor cidadán de que non se permitise a construción dun tanatorio no Couto e na zona da Chavasqueira, someteuse ao Pleno o arquivo da modificación puntual que o permitía, sendo aprobado por unanimidade.
  • Recuperación do Entroido de Verán.
  • Habilita unha lista para as familias interesadas en acoller refuxiados sirios e pon a disposición das administracións todos os recursos dispoñibles. Protocolo de actuación para o acollemento e inserción dos refuxiados.
  • Programa Local de Apoio ao Emprego coa colaboración da Cámara de Comercio: Trátase dun conxunto de medidas e actuacións urxentes, a desenvolver en setembro e outubro, destinadas a mellorar as tasas de inserción laboral, mediante a formación e o fomento do espíritu empresarial.
  • Participación, por primeira vez, en programas europeos: Galeuropa, Erasmus+, solicitude de acreditación oficial europea para ser entidade de envío, coordinación e recepción de voluntariado europeo SVE...
  • Dominio .gal en todas as comunicacións electrónicas do Concello e páxina web.

 

No que respecta ao desbloqueo de asuntos pendientes que se atopaban paralizados e sen solucións dentro da Administración Local, o alcalde de Ourense subliñou os seguintes:

  • Plan Especial de Protección do Conxunto de Interese Etnográfico de Seixalbo
  • Resolvéronse temas de indemnizacións pendentes e que causaban prexuízo patrimonial ao concello polos intereses que xeraban, como a reclamación de Proavia.
  • Publicación do Diario Oficial da Unión Europea do anuncio de licitación para o transporte público urbano como trámite previo para poder continuar coa tramitación
  • Activación e desbloqueo-impulso de conCursos públicos: Mantemento de zonas verdes; Desinfección e desratización; Préstamo de Bicicletas; Tratamento e Eliminación de Mobles, Aparellos e outros residuos urbanos; Contenedores Soterrados (debido á parálise deste asunto, fíxose necesario contratar unha nova auditoría sobre o estado dos contenedores para poder redactar un novo proxecto técnico adaptado á situación actual); o antes mencionado do Transporte Público; Servizo de mantemento da caseta de calidade do aire... Tamén se lles diu continuidade ata final de ano aos contratos de Comedor sobre Rodas; Teleasistencia Domiciliaria; pliego dos Servicios Técnicos do Auditorio..
  • As contratacións, seguimento riguroso das concesións e contratos, impulsando os procedementos que en moitos casos se deixaran vencer hai meses. Control e seguimento dos distintos contratos. Inventario de concesións e obras públicas. Control interno de facturas e uso racional en material e equipamentos.
  • Ascensor da Praza de Abastos
  • Adxudicación do proxecto de urbanización na conexión entre Francisco Lloréns e a rúa Velázquez por 180.023,80 euros
  • O Concello de Ourense creará un rexistro de animais potencialmente perigosos: A Xunta de Goberno Local aprobou un proxecto de ordenanza municipal para animais susceptibles de ocasionar a morte ou lesións a persoas. Esta ordenanza debería estar aprobada hai anos.
  • Contratación en tempo do alumeado de Nadal. Ourense non pode quedar outro ano máis sen ambientación navideña en condicións.
  • Negociación coa Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias para aumentar o número de persoas que cumpren as súas penas de traballo en beneficio da comunidade no Concello (25 prazas).
  • Se modernizarán e actualizarán ordenanzas municipais, como a de Limpeza de Terreos e Solares e de Protección contra Incendios; a de Publicidade Exterior mediante Carteis, Carteleiras ou valos publicitarios; a Ordenanza Municipal de Limpeza...
  • Activación das compras de diversos materiais cos fondos de UNESPA que estaba paralizado dende principios de 2015. Os vehículos de bombeiros se financian a través destes recursos.

 

No que respecta aos proxectos de futuro, Jesús Vázquez explicou que "o urxente ou o inmediato non debe nunca impedir que nos centremos no importante: en sentar as bases da cidade que queremos para o futuro, o Ourense das vindeiras xeracións. Por iso non debemos esquecer cimentar e fortalecer esas bases do que un día será un Ourense de vangarda, a cidade que todos merecemos", e destacou cinco grandes proxectos.

 

O PXOM

Potenciouse a participación dos axentes sociais e da transparencia do Plan Xeral, mantendo reunións coa maioría  dos axentes sociais afectados polo devandito Plan, coas Administracións públicas con competencia no seu informe e aprobación e coa publicación na Web do informe das alegacións polo equipo redactor.

Imprescindible acadar un acordo para sacar adiante o Plan Xeral de Ordenación Municipal e articular así as bases de crecemento futuro da nosa cidade.

 

TRANSPORTE METROPOLITANO

Compromiso da Xunta de que este ansiado proxecto estará canto antes. Ourense deixará así de ser o concello que bloquee este proxecto básico para o desenvolvemento de toda a comarca e a área de influencia de Ourense.

 

AVE-ESTACIÓN INTERMODAL

Os contactos son constantes, tanto co Ministerio de Fomento como coa propia Xunta (o presidente Feijóo comprometeuse o pasado 13 de xullo a licitar a Estación Intermodal en 2016). O Ministerio de Fomento, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Deputación Provincial e Concello sentaron as bases da lealdade institucional o 2 de setembro coa Constitución da Comisión de Seguimento entre Administracións para articular a integración do AVE en Ourense e a propia estación intermodal. Esta  xornada de traballo en Madrid sentou á comisión formada polas catro administracións implicadas na integración ferroviaria, “contemplando horizonte de 2018, cun ánimo totalmente constructivo e con absoluta lealdade institucional pensando nos intereses xerais dos veciños de Ourense”

 

MOBILIDADE E ACCESIBILIDADE

Ourense como cidade accesible para todos e todas. Estase analizando a posibilidade de dotar a esta cidade dun carril bici, comezando así a gran transformación da mobilidade e a sostenibilidade para Ourense.

Estanse intensificando as inspeccións da Policía Local dos veladores para comprobar o cumprimento da ordenanza -ocupación da vía pública- e das licencias concedidas. De feito, se reordenou a súa situación no Parque de San Lázaro.

Tamén se están retirando vehículos abandonados nas vías urbanas.

 

TERMALISMO

Un dos eixos potenciais de desenvolvemento da cidade. O Termalismo como fonte de creación de emprego, polo de atracción de inversores e imaxe turística de Ourense cara o exterior. Estamos a sentar as bases para ordenar, articular e profesionalizar un sector que está chamado a ser unha das claves do futuro da nosa cidade, sendo como é sinal de identidade e exclusivo da cidade de Ourense. Co Obradoiro de Emprego "Ribeira Termal" se acometerán melloras na zona, así como gracias ao compromiso conxunto coa Deputación.

Na análise do traballo destes 100 días, o alcalde de Ourense puxo de manifesto que "as accións de goberno son transversais e as decisións parten do grupo de goberno, baixo o consenso e o diálogo. Traballo e esforzo en equipo para sacar adiante os proxectos que precisa esta cidade. Diálogo, ideas, proxectos e vontade para levalos a cabo. Capacidade de xestión e compromiso firme coa cidade son as claves dun goberno reducido de 10 membros pero no que todas as áreas conflúen nun único fin: contribuir a mellorar Ourense".

O aforro é outro dos distintivos da xestión do equipo de goberno liderado por Jesús Vázquez. O alcalde lembrou que  só 4 concelleiros do Goberno Municipal cobran adicación exclusiva ao Concello, así como o alcalde, que ademáis se baixou o soldo nun 5% por iniciativa propia, cando a oposición rexeitou de plano rebaixar as súas asignacións económicas como grupos políticos. Cinco adicacións exclusivas fronte ás 13 do inicio do anterior mandato (alcalde, 10 concelleiros e 2 directores xerais). Esto supón un aforro para o concello de 800.000 euros en todo o mandato. No tocante ao personal de confianza, conta con 5 traballadores (1 xefa de gabinete, 1 asesora de política de comunicación, 1 asesora política e 2 auxiliares políticas). O anterior equipo de goberno tiña 10 membros no seu staff.

O alcalde tamén anunciou un Plan de Reestructuración de Edificios Municipais que reportarán un aforro estimado en 600.000 euros para as arcas municipais. Non pode ser que haxa locais municipais baleiros e se estén pagando alugueres por albergar servizos e oficinas municipais.

No que respecta á cooperación institucional, o alcalde de Ourense fixo un repaso ao acadado nestas últimas semanas:

 

Co Goberno Central:

Acordo coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para a recuperación e mellora do cauce dos ríos que pasan por Ourense: Miño, Barbaña, Loña e Regato do Muiño.

Cos ministerios: Praza de Abastos, compromiso para impulsar a Circunvalación Norte, a Praza de Abastos, mellora nos accesos desde Ramón Puga a Barrocás, Ponte de Tarascón e camping de Untes, así como a integración da Alta Velocidade e a Estación Intermodal, Fomento da cultura emprendedora cos Puntos de Atención ao Emprendedor, duplicar a partida para o Museo Arqueolóxico (200.000€).

Co Eixo Atlántico para reforzar a participación de Ourense en proxectos de cooperación da Eurorrexión.

 

Coa Xunta de Galicia:

1 millón de euros para a posta en valor da Ponte Romana, albergue de peregrinos, ampliación da EOI, obradoiro de emprego "Ribeira Termal", reforzo do Servizo de Axuda no Fogar, compromiso de licitar estación intermodal en 2016, convenio para mellora de infraestructuras deportivas, convenio para sinalización turística e termal...

 

Coa Deputación de Ourense:

Por primeira vez, o Concello estará nos Plans Provinciais (50.000€), o Festival de Cine percibirá 85.000€ neste bienio, 112.000€ para construir as gradas do campo de fútbol de Santa Cruz e se mellorarán os accesos ás Termas do Muiño da Veiga, ambas institucións crearán unha web conxunta cultural unificando así as axendas.

No que respecta ao contacto cos veciños, Jesús Vázquez explicou que "cando fun candidato á Alcaldía, sempre reiterei o meu compromiso a seguir mantendo o contacto cos veciños e as veciñas. E así o estamos a facer".

Nestes 100 días mantivéronse contactos coa Federación Limiar e a Federación Miño, así como unha reunión con todos os presidentes das asociacións de veciños da cidade para explicarlles as axudas municipais a estes colectivos, que este ano aumentan un 10%.

Pero aparte diso, as visitas aos barrios son constantes. "Visitamos unha media de cinco asociacións de veciños á semana, co fin de coñecer de primeira man as necesidades e as peticións de quenes mellor coñecen os barrios da cidade: os propios veciños. É un compromiso que manteremos, non só por manter a nosa palabra, senón pola importancia tan inmensa que ten pulsar de primeira man as necesidades dos nosos veciños, un contacto directo que os políticos endexamáis debemos perder", dixo o alcalde.

Nas máis de 700 reunións e visitas na propia Alcaldía nestes 100 días, tamén se estableceron liñas de colaboración coas asociacións de comerciantes, así como culturais, empresariais e sociais. Se destinaron este ano 567.478€ ás familias con motivo do inicio escolar e por primeira vez en anos, se dan a tempo co inicio das clases para a compra de material escolar de Infantil e comedores. Por primeira vez se crean bases reguladoras para seleccionar os proxectos da Universidade Popular. Neste ano se ofertan 140 cursos, un 17% máis que o ano pasado. Tamén se aumentaron os cursos para as asociacións de veciños.

Por último, o alcalde de Ourense recalcou que o obxectivo e o destino que agarda o goberno municipal está dirixido "cara unha cidade mellor, da que sentirnos orgullosos. Traballaremos por acadalo e así seguiremos".

Hemeroteca