Imprimir

Abel Caballero lamenta que os hospitais de Vigo non estean entre os cinco primeiros de Galicia

Stadio Sport | 30 de diciembre de 2015

Abel Caballero ve con "enorme preocupación" o resultado do estudo realizado por unha entidade independente que selecciona os mellores centros hospitalarios de cada Comunidade Autónoma, no que non aparecen nin o Álvaro Cunqueiro nin o Xeral nin o hospital do Meixoeiro; só Povisa representa á sanidade viguesa

 

O Índice de Excelencia Hospitalaria 2015 que determina os mellores centros de atención hospitalaria de toda España, a través de enquisas realizadas aos profesionais sanitarios, non recoñece a calidade nin o servizo prestado polo novo hospital de Vigo nin polo hospital do Meixoeiro, tal e como explicou este martes o alcalde ante os medios de comunicación. 

Segundo o estudo, as cinco mellores institucións sanitarias de Galicia son, por esta orde, o Hospital Universitario A Coruña, o Hospital Universitario de Santiago, o Hospital Quirón de A Coruña, o Lucus Augusti de Lugo e POVISA, en Vigo. Unha clasificación que para Abel Caballero representa unha "enorme preocupación porque en Galicia hai tres centros de referencia en A Coruña, Santiago e Vigo, que xa non aparece entre os cinco primeiros pese ao inmenso esforzo dos profesionais da sanidade viguesa, dos que me consta a súa calidade excepcional, pero as instalacións non axudan e vexo isto con profunda alarma". O alcalde que cualificou a situación de "dramática" lamentou que os centros aos que acoden 600.000 persoas de Vigo e da súa área "non ocupen un lugar prioritario en Galicia". 

Abel Caballero anunciou tamén que mañá mércores se reúnen a concelleira de Urbanismo e os responsables técnicos do SERGAS para abordar a comunicación entre o aparcamento municipal gratuíto que está construíndo o Concello ao carón do novo Hospital. O Concello xa lle tiña solicitado á Consellería de Sanidade a conexión directa do estacionamento co Álvaro Cunqueiro para poder ofrecer un mellor servizo aos usuarios. 

 

Servizo nocturno de Vitrasa en Fin de Ano

O rexedor anunciou tamén que o autobús urbano que parte cara o centro da cidade ás 22:30 horas da noite dende o Hospital Álvaro Cunqueiro vai cumprir o servizo en Fin de Ano, na noite do 31 de decembro, logo da petición presentada no Concello polo Colexio de Enfermaría solicitando que se mantivera.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección http://stadiosport.opennemas.com/articulo/pontevedra/abel-caballero-lamenta-hospitais-vigo-non-estean-primeiros-galicia/20151230173812049854.html

Stadio Sport
© 2019 Stadio Sport

Stadio Sport 

Diario Digital de Opinión Independiente

dirección@stadiosport.es  

redaccion@stadiosport.es

publicidad@stadiosport.es


     
Desarrollado por Openhost con:      
OpenNeMaS CMS OpenHost S.L. Opennemas CMS