00:00 h. jueves, 25 de abril de 2024

5 deportistas galegos permanecerán concentrados en altura coa selección nacional absoluta

Stadio Sport  |  10 de noviembre de 2014 (20:00 h.)
Loita_32

O seleccionador nacional Nicolás Castro Seoane (Vilalba, 1976), parte cos cinco deportistas convocados coa selección Española de Loitas Olímpicas, para adestrar durante 10 días en altura, no CAR de Sierra Nevada (Granada)

 

O seleccionador Nacional, Nicolás Castro, foi convocado para dirixir parte dos adestramentos das seleccións absolutas de Loitas Olímpicas, na concentración do 10 o 20 de Novembro, que terá lugar no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada (Granada). Esta instalación é moi empregada polos deportistas que queren adestrar en altura durante unha parte da súa preparación anual.

Os Lucenses: Jose Cuba Vázquez (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e Nicolás López Gredilla (Club de Loita Lugo), así como Noelia Lalín Canda (Club Keltoi de Vila de Cruces), Sara Vieitez Mariño (Club San Ignacio) e Pablo García García (Club de Loita Pontevedra), parten hoxe cara a Sierra Nevada, convocados coas diferentes seleccións Españolas: Jose Cuba, foi convocado coa selección de Loita Libre Olímpica, Nicolás López e Pablo García foron convocados coa selección de Loita Grecorromana e Noelia Lalín está convocada coa selección feminina.

Nicolás Castro afirma que “temos a deportistas Galegos en todas as seleccións nacionais, algo que fai non moito tempo era totalmente impensable”, “o traballo organizado entre os Clubs, a Federación Galega e a Federación Española, permite o crecemento dos deportistas a un ritmo no que falar de resultados internacionais xa é unha realidade…”.

Os 36 deportistas concentrados, buscarán unha praza nos equipos nacionais que a finais de este mes de novembro participarán nos campionatos internacionais de Niza (Francia) e Haparanda (Suecia).

Hemeroteca