00:10 h. jueves, 25 de abril de 2024

O Bertamiráns FC firma un convenio co Real Club Deportivo de La Coruña

Stadio Sport  |  25 de noviembre de 2015 (17:14 h.)
firma convenio bertamirans

O presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño, xunto co seu homólogo do RC Deportivo de La Coruña, Tino Fernández, nas instalacións do Mundo Fútbol en Abegondo, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades

Este mérfcores ás 11:00 o presidente do Bertamiráns FC, Rafael Budiño, xunto co seu homólogo do RC Deportivo de La Coruña, Tino Fernández, nas instalacións do Mundo Fútbol en Abegondo, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades.

O RC Deportivo víñalle botando o ollo ao bo traballo do equipo amiense, feito marcado pola cantidade de xogadores que están incorporando do Bertamiráns FC ás súas filas, reflectido queda que en cada categoría do clube herculino milita un xogador con pasado aurinegro.

Con este convenio, que se leva fraguando desde fai tempo, ambos clubes buscan intercambiar as súas metodoloxías de traballo ( no caso da amiense, boa cantidade de frutos deu e está dando ), modelos de traballo das Secretarías Técnicas do Fútbol Base, etc.

O vindeiro mércores ás 12:00, na Casa Consistorial de Ames, profundizarase nos puntos nos que se apoia este importante convenio para ambas entidades.

Hemeroteca