23:49 h. Miércoles, 22 de Noviembre de 2017

Stadio Sport

Este venres comeza a nova tempada de “Outono no Teatro” en Tui coa película Maimiño

A proxección do filme farase este venres 2 de outubro ás 20h no Teatro Municipal

Stadio Sport  |  01 de Octubre de 2015 (00:54 h.)
Más acciones:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este venres comeza a programación de "Outono no Teatro" cunha proxección infantil no Teatro Municipal de Tui. Maimiño conta a historia dun pequeno campesiño que quere sacar á súa familia da pobreza e lánzase á cidade xunto aos seus irmáns. Alí danse conta de que un enorme carballo encantado ten ao palacio do rei na escuridade e sen auga, e que o soberano prometeu conceder o título de marqués e dar á súa filla, a princesa Denise, en matrimonio, a quen logre cortar a árbore e abrir un pozo.

Maimiño está baseado no conto clásico de Polgariño, e na versión libre que sobre este escribiu o gran autor cubano José Martí. Estreouse por vez primeira en Cuba en xullo de 2014, e converteuse con rapidez na película máis taquilleira da historia da illa caribeña.  Nos cines galegos e españois, a estrea en salas comerciais celebrouse o 8 de maio de 2015, e o filme logrou permanecer ata sete semanas en carteleira.

As entradas están á venda en www.culturatui.info  ata este venres ás 13h ou o venres dende ás 18.30h ata as 20.00h no despacho de billetes ó prezo de 3,5€ e 2,5€ (prezo reducido).

 

Maimiño de Ficción Producciones

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Venres, 2 de outubro, ás 20h

Xénero: Cinema Infantil

Duración: 78 minutos