10:44 h. viernes, 19 de abril de 2024

A Universidade de Vigo acadou a medalla de prata no Campionato de España Universitario de Taekwondo

Stadio Sport  |  26 de abril de 2015 (18:43 h.)

A Universidade de Vigo conseguiu un total de seis medallas individuais (1 ouro, 2 pratas e 3 bronces), mentres que o galego Borja Ríos (que acudía en representación da Autónoma de Barcelona) foi prata

 

A Universidade de Vigo logrou a medalla de prata por equipos no Campionato de España Universitario de Taekwondo que se celebrou onte sábado en Murcia. A Universidade de Vigo conseguiu un total de seis medallas individuais (1 ouro, 2 pratas e 3 bronces), mentres que o galego Borja Ríos (que acudía en representación da Autónoma de Barcelona) foi prata. En total, sete medallas para deportistas galegos neste campionato. 

A Universidade de Murcia con tan só tres puntos de diferenza proclamouse campioa absoluta sobre Vigo, mentres que a terceira clasificada foi a Universidade Complutense de Madrid. A Universidade de Vigo leva catorce anos consecutivos sen baixar do podio neste campionato. 

 

borja, subcampio universitario

 

A nivel individual destacar que Pablo Fernández (-87 quilogramos, do Mat´s) logrou o ouro no seu primeiro universitario.  Así coma a prata de Francisco Padín (-68, Olimpic) que se enfrontou na final á campión olímpico Joel González. Foi un combate moi axustado e espectacular, cunha gran actuación do galego. Ao final, triunfo para Joel por 7-5. A segunda prata foir para a deportista do Mat´s Katia Calvar en -67 quilogramos. Os bronces foron para Marta Colón (- 57, Mace Sport), David González (-80, As Sport) e Laura Lorenzo -46, Tao).  

A sétima medalla galega foi para Borja Ríos (Hebe)  que logrou a prata en -63 quilogramos. O galego representaba á Autónoma de Barcelona.

Hemeroteca