00:00 h. viernes, 29 de marzo de 2024

A TVG comprométese co BNG a dar cobertura ás seleccións galegas no Mundial de Fútbol Gaélico en Abu Dhabi

Stadio Sport  |  27 de febrero de 2015 (23:12 h.)
futbool gaelico

Montse Prado salientou que é un “orgullo” para Galiza que as seleccións galegas, femenina e masculina, participen no evento mundial previsto entre os días 5 e 8 de marzo nos Emiratos Árabes e congratulouse do compromiso do director da CRTVG de ofrecer a cobertura informativa do envento

 

A deputada do BNG, Montse Prado, a través dunha pregunta formulada na comisión de control da CRTVG reclamou a emisión dos encontros nos que participarán as “seleccións galegas de fútbol gaélico” no Mundial de Fútbol Gaélico en Abu Dhabi entre os días 5 e 8 de marzo.

A parlamentaria manifestou que a participación das seleccións galegas no encontro de Abu Dhabi contribúe a dignificar e normalizar a existencia de “seleccións propias en Galiza”.

Pola súa parte Sánchez Izquierdo comprometeuse á unha ampla “cobertura informativa na TVG” aínda que as condición económicas, dixo, non lle permitan, polo momento, confirmar se o medio público galego asistirá ao avento.

Hemeroteca