02:40 h. Domingo, 20 de octubre de 2019

O Trofeo de Natación Cidade de Lugo cumpre o seu 25º aniversario este sábado 23 de maio

A actividade prevé reunir a preto de 350 nenos e nenas de 12 clubes de natación de toda Galicia

Stadio Sport  |  21 de mayo de 2015 (15:05 h.)
Más acciones:

 

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado polo Presidente en funcións do Club Fluvial, Jose Vázquez Tato, e o responsable da área de Natación, Jaime López, presentaron o XXV Trofeo de Natación Cidade de Lugo que se celebra este sábado 23 de maio nas instalacións do Club Fluvial.

Díaz Grandío destacou que “esta é unha das probas máis lonxevas da cidade e que se consolida como un referente a nivel galego” e felicitou “o esforzo que fai o Fluvial para manter esta proba e que cada ano aunmente de participantes”. O Concelleiro de Deportes tamén informou que esta fin de semana haberá entorno a 2.000 deportistas no entorno do Río Miño xa que se celebran varias actividades deportivas, como son o Campionato de Piragüismo ou a Farinato Race.

Pola súa parte, José Vázquez Tato, fixo un percorrido histórico dende o 8 de xuño de 1991 que tivo lugar a primeira das edicións sendo Presidente do Club Fluvial Benito Jesús Rego, ademais de ser o único trofeo de antación de Galicia dirixido aos nadadores promesa ata a data actual.

Jaime López explicou que un ano máis haberá tres categorías: benxamín, alevín e infantil, nas modalidades masculina e feminina e as idades están comprendidas entre 8 e 13 anos que competirán nas modalidades de mariposa, espalda, braza e croll.

 

Na competición van participar preto de 330 rapaces de toda Galicia que pertencen a 12 os clubes inscritos. O trofeo desenvolverase en sesións de mañá e tarde. As probas comezarán ás 11.00 e pola tarde ás 16.30.