21:50 h. Viernes, 23 de agosto de 2019

Triunfo dos deportistas galegos na Copa de España de Loitas Olímpicas e Grappling 2015

4 ouros e 4 pratas, foi o balance final da participación dos deportistas Galegos na COPA de España de Loitas Olímpicas e Grappling. En total desprazáronse a Madrid 10 deportistas, 4 árbitros e 1 seleccionador para representar a Galicia nesta cita de carácter nacional

Stadio Sport  |  15 de abril de 2015 (00:00 h.)
Más acciones:

 

A COPA de España, resultou un dos eventos mais atractivos desta altura de tempada, tanto para os deportistas con nacionalidade Española, como para todos os estranxeiros residentes en España, polo que o nivel deportivo aumentou pola participación aberta da competición.

As medallas repartíronse do seguinte xeito:

  • Loita Feminina:
    • 1ª Clasificada: Lidia Pérez (Club de Loita Pontevedra) en 58kg e Sara Viéitez (Club San Ignacio) en 48 kg.
    • 2ª Clasificada: Noelia Lalín (Club Keltoi) en 75 kg.
  • Loita Libre Olímpica:
    • 1º Clasificado Jose Cuba (Club de Loita Vilalba) en 125 kg.
    • 2º Clasificado Damián Iglesias (Club de Loita Touro) en 97 kg.
    • 7º Clasificado Eliseo Permuy (Club Keltoi) en 65 kg.
  • Loita Grecorromana:
    • 1º Clasificado Catriel Pehuén (Club de Loita Vilalba) en 130 kg.
    • 7º Clasificado Pablo García (Club de Loita Pontevedra) en 85 kg.
  • Loita Grappling:
    • 2º Clasificados: Marcos González e Miguel Cotelo (Club Graiño A Coruña).

A COPA de España tivo sabor Galego coa convocatoria por parte da Federación Española de 4 árbitros Galegos: Ángel Amor, Marcos Araujo, Jose Manuel Pereira e Carlos Fabián Tihebaut. O bo traballo dos colexiados Galegos veuse recompensado pola confianza amosada pola Federación Española nos nosos colexiados.

Pablo Pintos, director técnico da FGLeDA afirma que “… mais importante que o resultado final, é a mellora continua dos nosos deportistas a nivel nacional, en todo tipo de competicións, o salto internacional virá abalado polo traballo dos mellores deportistas en cada categoría, creando así un relevo xeracional axeitado, pero sen perder de vista Río 2016 …”.