00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

TORNEO DA CORUÑA DE FÚTBOL GAÉLICO

Stadio Sport  |  06 de mayo de 2015 (21:36 h.)
cartaz

Este sábado reuniranse en Acea da Má os mellores equipos de fútbol gaélico de toda a península ibérica para xogar a cuarta rolda do campionato ibérico

 

Doce equipos masculinos e 9 feminos loitarán por levarse o que é o torneo de fútbol gaélico maís numeroso de toda Europa continental.

Os partidos comezarán a partir das 10 da mañá e se prolongarán durante todo o día até rematar na gran final, a xornada comezará coa fase de grupos para logo xogar cuartos de final, semifinais e a final xa contra a tardiña.

A esta cita acudirán tres equipos da comarca das Mariñas, pola banda da Coruña acudirán os Fillos e as Fillas de Breogán e dende o outro lado da ría os oleirenses Ártabros e o seu recén formado equipo feminino, Ártabras de Olieiros.

 

Duros emparellamentos na fase de grupos para os equipos da comarca

Fillos terán que verse a cara coa súa besta negra, o Estrela Vermelha de Compostela, tras os que quedaron segundos na liga, tamén se medirán co segundo equipo de Pontevedra F.G,

Ártabros terán que verse as caras cos actuais campións,os Madrid Harps, e contra os mecos de Ogrove.

Pola súa banda Fillas comeza como cabeza de grupo e xogará contra as Braithreachas da Estrada e as Auriense de Ourense.

Ártabras terán en fronte ás favoritas, Irmandinhas da Estrada e tamén ás mecas de Ogrove.

 

Entrega de premios e o gran terceiro tempo.

Se algo caracteriza ao fútbol gaélico son os seus sonados terveiros tempos, e o do torneo da Coruña será de traca. Comezará cunha cea no restaurante Mela en Arteixo na que ao final se fará a entrega de premios aos gañadores, MVPs, máximos anotadores e equipos revelación. Logo de todo esto a festa seguirá no mesmo local xa coas portas abertas cos concertos dos grupos locais Trapallada e Ingravity.

Hemeroteca