00:52 h. Martes, 25 de Junio de 2019

Tania Castiñeira e Aitana Santomé participan nos Xogos Internacionais Infantís en Turquía

Este torneo servirá como preparación para o Europeo Cadete, que se celebrará a comezos de xullo en Estrasburgo (Francia) e no que participarán Tania, Aitana e Unai Silva

Stadio Sport  |  22 de Abril de 2015 (00:05 h.)
Más acciones:

 

Tania Castiñeira (+55, Hebe) e Aitana Santomé (-55, Patiño) participarán nos V Xogos Internacionais Infantís, que se están a desenvolver en Konya (Turquía) do 19 ao 24 de abril.  As nosas deportistas, que xa se atopan en Turquía xunto ao resto da selección española cadete, competirán mañá.  

E xa coñecemos os cadros de competición. Aitana Santomé (-55) terá como rival á deportista de Azerbaiján Isayeva Shams, mentres que Tania Castiñeira enfrontarase no primeiro combate á turca Ciftci Berra Nur.  

Este torneo servirá como preparación para o Europeo Cadete, que se celebrará a comezos de xullo en Estrasburgo (Francia) e no que participarán Tania, Aitana e Unai Silva, que non foi convocado para estes Xogos porque o seu peso non estaba incluído nesta competición. Os tres deportistas proclamáronse no mes de marzo en Tarragona campións de España cadete.