00:00 h. sábado, 20 de abril de 2024

Tres seleccións galegas en busca da gran final do campionato de España de Balonmán

Stadio Sport  |  06 de enero de 2015 (02:42 h.)
juv mas

Os combinados galegos infantil feminino, cadete feminino e xuvenil masculino buscarán mañá 6 o pase a gran final

As seleccións galegas infantil feminina, cadete feminina e xuvenil masculina disputarán mañá as semifinais do Campionato de España de seleccións territoriais, que se está a celebrar este días en
Castellón. Hoxe celebráronse os cuartos de final e tres combinados galegos lograron de forma meritoria o pase para as semifinais. Os outros tres equipos loitarán pola quinta posición no torneo.

Estes foron os resultados de hoxe:

Infantil feminino: Galicia, 29-Canarias, 16. Partían coma favoritas e amosárono dende o primeiro momento. As galegas foron dominando todo o encontro aínda que na primeira parte o marcador estivo bastante igualado. Na segunda metade, lograron abrir unha brecha no electrónico cun parcial de
10:0, que foi decisivo. Ao final, avultada vitoria galega que lles da o pase ás semifinais, onde mañá terán que enfrontarse a Cataluña (16:00 horas).

Goleadoras: Sarai Espiñeira (4), Silvia Leiras (1), Sandra Blanco (1), Andrea Fernández (8), Celia Pedreira (4), Sandra Sánchez (2), Ángela Rodríguez (5), Sara López (2), Ruth Sánchez (1), Helga Núñez (1).
 

Infantil masculino: Galicia, 17-Canarias, 27. Duro golpe para el equipo de Andrés Martínez que comezou moi ben o choque, cun parcial de 4-1. Pero a lesión de dous xogadores importantes do equipo fixo que Canarias se recuperase e chegase ao descanso con dous goles de vantaxe, nunha primeira parte igualada e moi interesante. Na segunda metade, a selección galega cometeu moitos erros en lanzamentos moi claros e iso fixo que Canarias se distanciase no marcador e lograse un triunfo solvente. Mañá a selección galega iniciará a loita por acadar a quinta posición fronte a Euskadi (10:00 horas).

Goleadores: Eduardo Cousillas (2), Bruno Cela (2), Isaac Cabanelas (2), Daniel Gómez (3), Rubén Fernández (1), Brais González (2), Andrés Alonso (2), Roi Sierra (3).

Cadete femenino: Cataluña, 34-Galicia, 37. Partido moi intenso e disputado entre os dous equipos no que as galegas dominaron no marcador durante todo o encontro. Nos primeiros dez minutos, o marcador estivo moi igualado, pero a partir de ese momento, Galicia logrou poñerse por diante e xa non deixou esa posición privilexiada. Ao descanso, 16-19. A pesar da exclusión dunha das xogadoras galegas nos últimos minutos, estas souberon sufrir e manter a vantaxe que levaban no marcador para finalmente levarse o encontro (34-37). A semifinal será mañá día 6 contra Asturias (16:00 horas).

Goleadoras: Alicia (7), Paula Barciela (2), Anabel Gil (1), Zara Barrios (6), Xiana Fernández (4), Uxía López (3), Ana Piñeiro (3), Carmen Pereira (2), Carmen Prelchi (9).

Cadete masculino: Cataluña, 41-Galicia, 34. A pesar do resultado final, foi un partido moi disputado. Os galegos traballaron duro en defensa e fixeron as cousas ben en ataque pero o seu porteiro secou aos nosos propiciando contraataques fáciles que, sumado á efectividade catalá, puxeron unha diferenza de ata oito goles, que se foi recortando pouco a pouco. A defensa galega asentada nunha grande intensidade conseguiu recortar diferenzas chegando á situación de poñerse a dous tantos e posesión, pero un par de perdas provocou que os cataláns se volvesen escapar o marcador ata o 41-34
final. Agora loitarán por acadar a quinta posición. Mañá terán que enfrontarse a Asturias (12:00 horas).

Goleadores: José Leiras (2), Pedro Toimil (4), Juan Rodríguez (8), Aresio Rosende (6), Alejandro Conde (1), Carlos Vilanova (6), Sergio Lorenzo (2), Daniel Ramos (5).

Xuvenil feminino: Castela e León, 33-Galicia, 22. Mal inicio da selección galega, absolutamente esvaecida, tanto que soamente marcaron dous goles nos primeiros 15 minutos. A partir dese momento o equipo reaccionou e acurtou distancias ata que no minuto 27 se produciu un apagamento que mantivo
ambos os dous equipos esperando durante máis de 30 minutos. Tras a reanudación e o descanso, Castela e León colleu impulso e foise no marcador, mentres as galegas contaban cun grande número de exclusións que obrigou a facer moitos cambios tácticos para intentar resolver as faltas. Finalmente, o cansazo pesou nas galegas e Castela e León aumentou a diferenza ata os 11 goles. Mañá comezará a loita pola quinta posición fronte a Canarias (10:00 horas).

Goleadoras: Nuria (2), Gemma (4), Cova (3), Inés (3), Sara Pérez (2), Sara Carril (1), Bea (1), Lara (1), Laura Rúa (3), Sandra (2).
 

Xuvenil masculino: Galicia, 30-Navarra, 26. Na primeira parte as forzas estiveron moi niveladas entre ambos conxuntos ata o minuto 20. A partir dese intre, Galicia logrou abrir un oco no marcador e irse ao descanso con tres goles de vantaxe (16-13). Na segunda parte, cun ritmo de xogo moi forte, o equipo galego logrou escaparse no marcador de forma clara. No minuto 18 do segundo tempo mandaba por un rotundo 27-19, que foi reducido nos instantes finais por Navarra, sen que perigase en ningún momento a vitoria. Con esta vitoria o equipo galego chega ás semifinais do campionato de España, onde terá que enfrontarse mañá a Cataluña (12:00 horas).
 

Goleadores: Iván (4), Román (3), Arón (3), Aser (7), Felipe (1), Sergio (1), Barco (3), Anxo (4), David (1), Rubén (1), Dani (1), Samuel (1). 

Hemeroteca