00:00 h. sábado, 20 de abril de 2024

As seis seleccións galegas de balonmán pasan aos cuartos de final do Campionato de España

Stadio Sport  |  05 de enero de 2015 (01:35 h.)
infantil masc

Na xornada de onte, resultados regulares para os equipos galegos: So houbo una vitoria (cadete masculino) e un empate (infantil feminino)

 

Chegou o momento decisivo para as seleccións galegas no Campionato de España de seleccións territoriais infantil, cadete e xuvenil, que se está a celebrar en Castellón. Hoxe finalizou a primeira fase e os seis combinados galegos lograron o pase aos cuartos, que se disputarán mañá 5 de xaneiro. Na xornada de onte, resultados regulares para os equipos galegos: So houbo una vitoria (cadete masculino) e un empate (infantil feminino). Así, hai cruces complicados coma os dos cadetes contra Cataluña (tanto masculino coma feminino) ou o xuvenil feminino (fronte a Castela e León), pero todo se decidirá nun partido no que as e os galegos buscará a vitoria. 

 

Infantil feminino: Galicia, 26-Valencia, 26

A selección galega rematou a fase de grupo invicta, a pesar de que hoxe sufriu contra Valencia. Foi un partido moi igualado dende o primeiro minuto, xa que as nosas perderon excesivos balóns en ataque o que non lles permitía poñer distancias no marcador electrónico. Así, ao final, empate entre Galicia e Valencia, e primeiro posto do grupo para o equipo de Alejandro Ocampo. Mañá terán o partido máis importante onde non se pode fallar: Disputarán os cuartos contra Canarias. (16:00 horas) 

Goleadoras: Sarai Espiñeira (6), Silvia Leiras (2), Sandra Blanco (4), Aitana Santomé (1), Andrea Fernández (3), Celia Pedreira (2), Sandra Sánchez (2), Ángela Rodríguez (4), Sara López (2).

                                                                          

Infantil masculino: Madrid, 31-Galicia, 16

O resultado final non reflicte o sucedido na cancha, sobre todo na primeira parte, que foi moi competida e igualada. Así, chegouse ao descanso cun resultado de 12-11 a favor dos madrileños. Pero na segunda metade, os numerosos cambios realizados e a gran presión de Madrid fixo que o resultado final fose moi avultado. A pesar da derrota, Galicia clasifícase segunda de grupo e mañá xogará os cuartos de final contra Canarias, que ven da Copa como primeiro de grupo (10:00 horas, Pavillón Palacio del Oro (Marina D´Or) 

Goleadores: Bruno Cela (2), Isaac Cabanelas (2), Xurxo Rivas (2), Brais González (3), Andrés Alonso (2), Roi Sierra (1), Daniel Gómez (2), Eduardo Cousillas (2).  

 

Cadete feminino: Galicia, 21-Castela a Mancha, 23

 A primeira parte foi decisiva no devir do encontro. As galegas cometeron numerosos erros e marcharon ao descanso cunha desvantaxe de cinco tantos (8-13). Xa na segunda metade, as galegas aumentaron o ritmo e conseguiron igualar o marcador a falta de 5 minutos para o final, pero dúas malas decisións nos últimos ataques fixo que as galegas perderan o partido (21-23). Mañá a selección galega xogará os cuartos fronte a Cataluña (16:00 horas). 

Goleadoras: Raquel Sineiro (4), Alicia (3), Xiana (1), Marisa (4), Uxía (2), Ana (3), Carmen Prelchi (2), Carmen (2). 

 

Cadete masculino: Canarias, 23-Galicia, 40

Partido intenso dende o primeiro minuto con Galicia moi concienciada do que estaba en xogo: O pase aos cuartos de final.  A defensa aberta despregada polos galegos complicou moito o ataque de Canarias, e ao descanso a diferenza xa era case insalvable (10-18). Na segunda parte, máis do mesmo.  As diferenzas seguían medrando a medida que avanzaba o choque. Galicia pasa como terceiro do grupo e terá que enfrontarse nos cuartos de final a Cataluña (primeiro do grupo B con tres triunfos). O partido será ás 10:00 horas no Pavillón Municipal de Onda. 

Goleadores: Juan Rodríguez (6), Alejandro Conde (6), Carlos Vilanova (2), Pedro Toimil (2), Pablo Gil (1), Aresio Rosende (8),  José Leiras (5), Yeray Soutullo (1),  Alejandro Gómez (1), Sergio Lorenzo (1), Miguel Pousa (1), Daniel Ramos (6). 

 

Xuvenil feminino: Cataluña, 32-Galicia, 29 

Nos primeiros dez  minutos do encontro  as rapazas de Ismael Martínez mandaban no marcador cunha vantaxe de ata 3 goles. Pero a partir dese intre, Cataluña medrou no seu rendemento e Galicia caeu, para chegar ao descanso con dominou catalán (17- 13).  O comezo da segunda parte foi moi frouxo por parte das galegas, con erros nas entregas e, por tanto, perdas de balón. Nos últimos dez minutos do choque o equipo galego reacciono remontando catro goles, pero entre o cansazo e un par de decisións arbitrais rigorosas frearon a remontada final. Galicia pasa a cuartos como terceira de grupo e mañá xogará fronte a Castela e León (18:00 horas). 

Goleadoras: Inés (3), Gemma (6), Cova (2), Nuria (2), Sara Pérez (2), Sara Carril (2), Bea (1), Tamara (1), Sandra (3), Laura Rúa (6), Sheyla (1). 

                                                                                                                                                  

Xuvenil masculino: Galicia, 25-Andalucía, 30

Resultado ao descanso 10- 11 para Andalucía. Resultado final 25-30 para Andalucía. Partido igualado na primeira parte, con distancias mínimas a favor de ambos conxuntos. Así, ao descanso 10-11 para Andalucía. Na segunda parte as exclusións custáronlles moi caro a Galicia, xa que o rival logrou escaparse no marcador cunha lixeira vantaxe que ao final foise ata os 5 goles. Aínda así con este resultado a selección galega pasa como segunda de grupo e nos cuartos de final terá que enfrontarse a Navarra (12:00 horas, pavillón de Vila-Real). 

Goleadores: Felipe (1), Aser (3), Roman (9), Antón (1), Rubén (3), Iván (1), David (1), Dani (6).

Hemeroteca