00:02 h. viernes, 19 de abril de 2024

A Selección Galega participará no Open Profesional de Taekwondo de Zamora

Stadio Sport  |  12 de junio de 2015 (00:07 h.)

Esta proba está incluida nun circuito que finalizará en Galicia

 

A selección galega cadete, júnior e sénior participará este sábado 13 de xuño no Open Profesional de Taekwondo de Zamora, que forma parte dun circuito formado por tres probas, que finalizará en Galicia. A selección galega está formada por case 50 deportistas. 

Este circuito profesional celebra a súa primeira edición no presente ano e ten como obxectivo facer unha velada espectacular, iso si baixo as normas actuais da Federación Mundial de Taekwondo, con petos electrónicos, vídeo-replay e árbitros nacionais e internacionais. No pavillón Ángel Nieto de Zamora instalaranse 9 pistas, das cales 4 serán octogonais, para a celebración das semifinais e finais. As preliminares celebraranse de 08:00 a 17:00 horas, mentres que as semifinais e finais comezarán as 18:00 horas. 

O circuito, organizado pola UPT (Universal Professional Taekwondo) e as federacións autonómicas de Castela e León, Valencia e Galicia, estará formado por tres probas: Zamora (xuño); Valencia (outubro) e Galicia, onde terá lugar a gran final (novembro). 

Galicia acude a este novidoso evento cun equipo cadete (10 chicos e 9 chicas), outro júnior (10 homes e 10 mulleres) e un combinado sénior (tres chicas e cinco homes). A selección partirá mañá venres por estrada e regresará ao remate do campionato. 

Na categoría sénior viaxan Beatriz Parada (Natural Sport Ribeira), Katia Calvar (Mat´s) Sabela López (Patiño), Miguel Martínez (Natural Sport Ribeira), David Ansede (Natural Sport Ribeira), Pablo Fernández (Mat´s), José Real (Natural Sport) e Juan Fernández (Natural Sport).  

Hemeroteca