02:06 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

A Selección Galega femenina de balonmán logra a triunfo no partido conmemorativo da XXV Mostra do Encaixe de Camariñas

As galegas decidiron o choque contra o BM Xixón na segunda metade

Stadio Sport  |  05 de Abril de 2015 (13:22 h.)
Más acciones:

 

A selección galega feminina absoluta superou ao Balonmán Xixón, cunha espectacular segunda metade,  no partido conmemorativo da XXV edición da Mostra do Encaixe de Camariñas que se celebrou este sábado en Camariñas (30- 25). 

O partido comezou bastante igualado. O combinado galego, dirixido por Abel Estévez, mandou nos primeiros minutos (4-3, min. 5), pero un par de perdas de balón en ataque permitiron ao Xixón poñerse por diante no marcador (5-7). A partir de aí as visitantes foron sempre por diante, pero con distancias mínimas dun gol. E así acadamos o descanso (14-15 para o conxunto asturiano). 

 

 

Pero as indicacións de Abel Estévez no vestiario reactivaron as galaicas que saíron decididas a darlle a volta ao partido. E fixérono moi pronto. Cando só se levaban dous minutos e trinta segundos da segunda parte, lograron volver a poñerse por diante no marcador (16-15), situación de privilexio que xa non abandonaron ata o remate do partido. 

Pouco a pouco, cunha moi boa defensa, a gran actuación de Pamela en portería e boas resolucións en ataque as diferenzas foron medrando de forma clara mentres o BM Xixón parecía sen opcións. Mediada a segunda parte as galegas vencían por catro goles (24-20) e no minuto 20 por sete (27-20). Así, os últimos minutos foron de control e sen moita emoción, cunha espectacular Pamela en portería, que só encaixou dez goles na segunda metade, e Sandra Loureiro como máxima goleadora do choque (nove tantos).

 

 

Ficha Técnica:

Galicia, 30: Iris San Juan, Sara González, María Pascual, Carla Abad (1), Sandra Piñeiro, Sandra Loureiro (9), Carla Rivas (3), María Pexegueiro, Erika Franco (2), Saray Sanmartín (5), Cecilia Cacheda (2), Pamela Arca, Emmanuela Prieto (5), Alba Dapena (2), Alba Amoedo (1) e Ana Pérez.

Balonmán Xixón, 25: Clara García, Verona de las Heras (3), Carlota Lastra (1), Patricia Martínez (7), Estefanía Parapar (2), Ione Arizabalaga, Lucía García (1), Marta Fernández (2), Andrea Carbajal (4), Natalia Martínez (4), Cristina Vide, Yael Carrera, Miriam Cortina, Itziar Álvarez, Sara Sanarutos (1) e Marta García.

Árbitros: Aarón Sestay Prieto e Abel Juncal López. Excluíron a Carla Abad, Carla Rivas, Erika Franco, Emmanuela Prieto por Galicia e as visitantes Patricia Martínez e Lucía García.

Parciais: 4-3, 5-7, 7-7, 11-12, 13-14, 14-15 (descanso), 20-16, 20-17, 24-20, 27-20, 29-23 e 30-25 (final).