10:35 h. Lunes, 15 de Octubre de 2018

Stadio Sport

Sara Cortegoso logra a medalla de prata no Open de Holanda de Taekwondo

A galega Sara Cortegoso (Mace Sport) logrou a medalla de prata no Open de Holanda (categoría júnior)

Stadio Sport  |  15 de Marzo de 2015 (13:42 h.)
Más acciones:

 

A Federación Galega de Taekwondo desprazou ata Eindhoven a unha competitiva selección, que deu a cara nun evento da categoría G-2. Así, Sara Cortegoso (-46 quilogramos) acadou a medalla de prata tras superar a Alemaña (18-9), Holanda por 8-7 e nas semifinais a Croacia (3-2). So caeu na final contra Hungría nun espectacular combate (10-14). Merecida medalla para Sara.

Ademais, na xornada de onte, tamén participaron:

- Javier González (Mace): Gañou a Alemaña (19-9) e perdeu no segundo combate fronte a Noruega (6-8).

- Myriam García (Patiño): Triunfo fronte a Holanda en punto de ouro e caeu contra Serbia (5-6).

- Laura Dosil (Natural): Vitoria contra Alemaña (4-1) e perdeu contra Polonia (7-10).