17:35 h. martes, 16 de abril de 2024

O Ribeira Sacra saca dúas importantes victorias en Boiro

Mon De Lemos  |  20 de enero de 2015 (02:54 h.)
voleibol

O equipo de Monforte de Lemos volveu gañar en todas as categorías

 

Xornada na que lle tocou descansar ao equipo infantil, que aprazou o seu partido contra Zalaeta para disputalo o día que o equipo xuvenil se desprace A Coruña para facelo contra o mesmo equipo, os equipos Cadete e Xuvenil sacaron duas importantes victorias ante un rival directo.

 

Xuvenil: (0-3) (26-28/20-25/18-25)

Partido que se prevía moi competido, xa que na primeira volta o Boiro sacou un triunfo na Pinguela e se atopaba empatado a puntos co Ribeira Sacra.

As espectativas de igualdade empezábanse a visualizar desde o mesmo comenzo do partido, cun primeiro set con alternativas no marcador e cos dous equipos cometendo moitos erros e que non daban asentado o seu xogo na pista; chegando a un final moi igualado e que se cantou para o equipo monfortino propiciado nos puntos finais cun saque moi acertado de Xiana e cunha resolución final de Aitana por un 28-26.

Tanto no segundo set como no terceiro, as monfortinas asentaronse na cancha cun xogo controlado defensivamente pricipalmente pola líbero Eva, e un bó axuste no bloqueo, que desarmaron as iniciativas atacantes do Boiro. Fois nestes dous sets, donde o Ribeira Sacra, moi ben dirixido pola colocadora María, desenrolou un xogo con moita velociadade e que o equipo de Boiro non foi capaz de contrarestar os ataques determinantes de Aitana e Olalla.

Desta forma sacaron, e con sorpresa para as locais, un partido que as volve colocar na loita para a disputa da fase final do campionato galego.

 

Cadete: (0-3) (23-25/10-25/14-25)

A só unha victoria se atopaba o equipo de Boiro das monfortinas antes do comenzo do encontro; motivo polo que no seu inicio sairon a intentar sorprender as monfortinas e que a punto estiven de acadalo. O Ribeira Sacra con fallos en saque e recepción, así como cun bloqueo pouco acertado, deu lugar a unha incertidume no marcador que non se dirimiu atá o final do set, donde un acertado ataque de Olalla nos últimos puntos fixo decantar o set para as xogadoras de Manolo Martínez por un apretado 25-23.

Un cambio na rotación no equipo monfortino para axustar o bloqueo sobre a súa mellor xogadora, Moledo, deu o resultado apetecible ao reducirlle o potencial de ataque. Xa sen esta presión ofensiva do Boiro, o Ribeira Sacra desplegou un xogo moi preciso e variado que fixo estragos na defensa das locais, que non eran capaces de parar unha e outra vez a capacidade ofensiva das monfortinas, resolvendo con tranquilidade os dosu últimos sets por unhos contundentes 25-10 e 25-14, que deixanron ben as claras a superioridade do equipo de Monforte.

Hemeroteca