15:55 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Recepción no Concello De Teo a deportistas de Fútbol Americano

Stadio Sport  |  11 de abril de 2015 (14:07 h.)
futbol americano teo

Os deportistas estaban recén chegados da convocatoria polo Equipo Nacional, que estivo concentrada do 2 ao 6 de abril en Pinto, Madrid

O pasado mércores 8 de abril realizouse unha recepción no Concello de Teo por parte do Concelleiro de Deportes, Anxo Rey e do Alcalde, Martiño Noriega aos deportistas da disciplina de Fútbol Americano do
CSFTeo: Estefanía Ojea González e Juan Jesús Gómez de la Peña. Asi mesmo, asistiu á reunión a Presidenta do Club, Mª Elena Suárez Silva e tamén estiveron arroupados ambos deportistas por algún familiar e algún dos seus compañeiros de equipo.

Os deportistas estaban recén chegados da convocatoria polo Equipo Nacional, que estivo concentrada do 2 ao 6 de abril en Pinto, Madrid. Convocatoria destinada no caso da categoría Junior, na que forma parte Juan, para a preparación do partido clasificatorio para o Campionato Europeo que se celebra este domingo 12 de abril en Italia e no caso da categoría Senior Feminino, na que forma parte Estefanía, para a preparación do Campionato Europeo, que se celebrara en agosto en Granada.

Destacar da recepción o recoñecemento, apoio e ánimo trasmitido por parte do Concello cara a labor do Club e en especial nesta ocasión á disciplina de Fútbol Americano, destacando esta modalidade deportiva como deporte minoritario pero con grandes avances no entorno máis próximo e cunha proxección importante, e aos dous deportistas presentes polos logros acadados e a súa traxectoria deportiva, que de seguro seguira medrando de cara aos seus vindeiros compromisos deportivos a nivel nacional e internacional.

 
 
 
Hemeroteca