12:16 h. Lunes, 15 de Octubre de 2018

Stadio Sport

O próximo domingo 10 de maio celébrase o XIV Open de Pesca Autonómico Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco

O punto da competición será no Río Miño a altura do Club Fluvial de Lugo

Stadio Sport  |  08 de Mayo de 2015 (23:10 h.)
Más acciones:

 

O próximo domingo 10 de maio terá lugar o XIV Open de Pesca Autonómico Infantil e Xuvenil Memorial Manolo Rouco no Río Miño na zona do Club Fluvial, segundo informa a Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío.

Esta competición comezará ás 10 da mañá coa presentación e a adxudicación dos postos para posteriormente, ás 11, dar comezo o concurso que rematará ás 13 horas. A proclamación dos campións e a entrega dos trofeos celebrarase ás 13:30 horas.

As puntuacións serán de 250 puntos por cada peza e un punto por cada gramo. O cebo será facilitado pola organización do evento.

As inscricións poderán realizarse nas instalacións do Club Fluvial ata unha hora antes do comezo da proba. Os organizadores do evento recordan que non se poderá participar sen a presentación da tarxeta federativa do ano en curso.