12:54 h. Lunes, 15 de Octubre de 2018

Stadio Sport

Primeiro Campionato Autonómico de Loita Tradicional Galega

Histórico campionato autonómico de Loita Tradicional Galega, celebrado este pasado sábado en A Estrada, da man do Club A Cambadela. Unha xornada na que se recuperou unha tradición centenaria da etnografía Galega

Stadio Sport  |  12 de Mayo de 2015 (16:42 h.)
Más acciones:

 

Grazas o esforzo do Club A Cambadela, púxose en marcha a final da Liga Galega de Loita Tradicional nos pesos: pesado, medio e lixeiro.

Os campións nesta modalidade foron:

  • Peso pesado: 1º Ramón Monasterio, do Concello de Vilalba (Club Loita Vilalba) e 2º Rubén Salinas, do Concello de Boqueixón (Club A Cambadela).
  • Peso medio: 1º Pablo García García, do Concello de Vigo (Club Loita Pontevedra) e 2º Roberto García, do Concello de A Estrada (Club A Cambadela)
  • Peso lixeiro: 1º Jesús Gonsalvez (Club Keltoi de Vila de Cruces) e 2º Jose Javier Gestoso, do Concello de Cuntis (Club A Cambadela).

 

Tras uns anos de continua investigación e recuperación da Loita Tradicional Galega, agora estamos, segundo Severino Gómez (Director Técnico do Club A Cambadela) “nunha fase de espallamento polos diferentes concellos Galegos, así como en varios centros educativos da nosa comunidade”, “Agradecer a colaboración da Federación Galega de Loita e D.A. así como das diferentes administracións públicas que fixeron posible este primeiro campionato autonómico de Loita Tradicional Galega”.