08:50 h. Viernes, 23 de agosto de 2019

Preto de 200 ciclistas participarán este domingo na II Transgalaica BTT Tui 2015

A Transgalaica BTT trátase dunha competición formada por catro probas. As que xa se celebraron disputáronse en Cotobade, O Porriño e en Vigo e a última chegará a Tui esta fin de semana

Stadio Sport  |  22 de abril de 2015 (17:43 h.)
Más acciones:

 

Este mércores, 22 de abril, ás 13.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, tivo lugar a presentación da “II Transgalaica BTT – Tui 2015”, proba competitiva de ciclismo de montaña organizada polo Club Ciclista de la Fuente e Team Relay, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo. A proba, que se celebrará este domingo 26 de abril, conta con preto de 200 inscritos.

Na presentación estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Antonio Castro Negro, o presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher e Avelino Vaz, integrante e deportista do club.

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, quixo agradecer a labor do Club Ciclista de la Fuente, por organizar esta competición, da que está convencido que atraerá a moitos espectadores e deportistas tanto da comarca e coma de Galicia, e que repercutirá positivamente no comercio local.

O presidente do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher, deu conta do percorrido que terá a proba. A saída terá lugar este domingo ás 10h dende o Pavillón da Comunidade de Montes de Areas. O percorrido total é de 60 quilómetros con dúas voltas, de 30 quilómetros cada unha, ao circuíto establecido. A entrega de trofeos está prevista para ás  13.30h.

Avelino Vaz, ciclista do equipo de la Fuente, explicou que o percorrido é similar ao de edicións anteriores, pasando por Malvas, Areas, Pexegueiro, San Omedio e o Río Furnia, mais en Areas cambiarán un pequeno tramo de 2 quilómetros. Os ciclistas terán que probar en parte do traxecto a súa resistencia. A ruta contará con zonas accesibles para que o público poida ver a Transgalaica.

A Transgalaica BTT trátase dunha competición formada por catro probas. As que xa se celebraron disputáronse en Cotobade, O Porriño e en Vigo e a última chegará a Tui esta fin de semana.