00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Pontevedra acolle este sábado os campionatos galegos de Loitas Olímpicas

Stadio Sport  |  13 de febrero de 2015 (00:22 h.)
CARTEL Su00C9NIOR E CADETE

As instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, acollen este vindeiro sábado 14 de febreiro en xornada de mañá os campionatos Galegos sénior e cadete de Loitas Olímpicas

 

A Federación Galega de Loita en colaboración co Club de Loita Pontevedra organizan este campionato Galego con un total de 168 inscricións para as categorías sénior e cadete, este campionato Galego perfilase como un dos mais concorridos dos últimos anos. En total haberá 16 equipos que representan as 4 provincias Galegas neste torneo de máximo nivel autonómico.

A competición desenrolarase en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido, sendo a entrada o campionato totalmente gratuíta para os asistentes e curiosos que queiran achegarse o campionato.

Este campionato será o primeiro filtro para seleccionar os deportistas que acudirán os campionatos de España representando a Galicia, o vindeiro sábado 14 de Marzo. Os seleccionadores Galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións Galegas. Cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten nas Loitas Olímpicas, sendo Galicia un referente a nivel nacional nesta modalidade.

Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirá esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 12 x 12 metros.

Por último, agradecer a inestimable colaboración do Concello de Pontevedra, aberto sempre o deporte e que garante que estas competicións podan levarse a cabo. A Secretaría Xeral para o Deporte e a Deputación de Pontevedra, así como os patrocinadores colaboran para que sexa viable o evento.

Hemeroteca