17:46 h. Viernes, 19 de Abril de 2019

Pablo García, primeiro beneficiado do acordo coa FELODA

O deportista do Club de Loita Pontevedra, Pablo García García, beneficiouse do convenio de colaboración asinado entre a FELODA (Federación Española de Loitas Olímpicas) e a Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración da Federación Galega de Loita, para a formación en alto rendemento

Stadio Sport  |  05 de Marzo de 2015 (21:13 h.)
Más acciones:

 

O convenio asinado para a formación en alto rendemento en Loitas Olímpicas, botou a andar coa participación de Pablo García na primeira concentración de este tipo no Centro de Alto Rendemento de Madrid, dende o día 23 ata o sábado 28 de Febreiro.

Unha vez rematada esta concentración co equipo nacional de Loita Grecorromana, Pablo García partiu cara o Centro de Tecnificación Deportiva de Palma de Mallorca, para participar en outra concentración dende o 1 ata o 6 de Marzo.

Estas actividades son posibles grazas o acordo asinado entre a FELODA e a Secretaría Xeral para o Deporte, así como a colaboración do Club de Loita Pontevedra e a Federación Galega de Loita. 

Pablo García afinou a súa preparación de cara a os vindeiros campionatos de España sénior de Loitas Olímpicas que terán lugar no concello de Rivas (Madrid).