18:02 h. Jueves, 18 de Abril de 2019

Nuria Domínguez proclamouse campioa do Mundo de Remoergómetro

No mesmo campionato Jesús Álvarez foi subcampión do Mundo

Stadio Sport  |  04 de Marzo de 2015 (02:06 h.)
Más acciones:

 

Esta pasada fin de semana celebrouse en Boston o Campionato do Mundo de Remoergómetro, onde os remeiros tudenses tiveron unha excelente actuación.

Así, a deportista tudense, Nuria Dominguez acadou a medalla de ouro, proclamándose Campioa do Mundo de Remoergómetro na súa categoría. Con este novo título, Nuria amplía o seu palmarés, demostrando que a súa idade segue sendo unha das mellores remeiras do mundo e a mellor na historia do remo español.

Neste campionato, o tamén tudense Jesús Álvarez, acadou a medalla de prata, proclamándose subcampión do Mundo de Remoergómetro. Para Jesús éste resultado e o récord mundial de remoergómetro en peso lixeiro acadado fai varias semanas son a confirmación do seu gran estado de forma neste ano preolímpico tan importante.

O Concello de Tui felicita a Nuria Domínguez e Jesús Álvarez polos excelentes resultados acadados neste Campionato do Mundo, animándolos a seguir adestrando co obxectivo de entrar nos equipos nacionais de cara aos Xogos Olímpicos de Rio 2016.