00:15 h. viernes, 29 de marzo de 2024

Nerea Bellido, do San Francisco Teo, campioa do XIV Trofeo Internacional de Kárate Valle de Piélagos

Stadio Sport  |  05 de mayo de 2015 (23:11 h.)

A karateca impúxose na categoría senior +65 kg.

 

Nerea Bellido Echebarrieta, karateca do San Francisco Teo, proclamouse campioa do XIV Trofeo Internacional Valle de Piélagos na categoría senior +65 kg. A competición, celebrada na localidade santanderina de Liencres o pasado 3 de maio, contou cunha elevada participación con deportistas procedentes de diferentes puntos da xeografía española y de países como Marrocos, Portugal, Bélxica e Italia. O resto de karatecas do San Francisco participantes no campionato, Ruth Lorenzo, Xavier Santos, Isabel San Martín e Paula Garabatos, tamén tiveron una destacada actuación nunha competición caracterizada pola súa esixencia.

 

 

Con anterioridade á celebración da competición celebraronse unha serie de seminarios aos que asistiron os integrantes do San Francisco. Os seminarios foron impartidos por Driss El Mannani (seleccionador marroquí), Nuno Moreira (capitán da selección portuguesa) e dúas figuras históricas do karate español como son os campións José Manuel Egea y Tomás Herrero.

Hemeroteca