00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Medalla de bronce para o AD Carballal no Campionato de España de Balonmán Xuvenil Feminino

Stadio Sport  |  11 de mayo de 2015 (00:35 h.)

O AD Carballal logrou este domingo a medalla de bronce no Campionato de España Xuvenil Feminino disputado en Málaga. O conxunto vigués acadou a vitoria fronte ao Morvedre de Valencia por 31-29

 

Na primeira parte, o equipo galego non foi quen de impoñer a forte defensa que lle caracteriza, polo que estivo por detrás no marcador con distancias bastante amplas. Así, as xogadoras viguesas retiráronse ao vestiario no descanso cun resultado de 16-20.

 

 

Non obstante, na segunda parte o equipo mostrou garra e corazón cambiando totalmente a defensa, conseguindo empatar o partido cun parcial de 4-0 nos primeiros cinco minutos. Pouco a pouco foron aproveitando as superioridades, cunha defensa 3-3, para marchar no marcador. A forza transmitida pola afección alí desprazada axudou ás xogadoras durante todo o partido para que o muro galego volvese rexurdir facendo practicamente inútil o ataque rival ao encaixar tan só catro goles en 25 minutos.

 

 

Nos últimos cinco minutos, o Carballal tratou de manter a calma ata a bucina final para confirmar o resultado. Así o Carballal acadou unha merecida medalla de bronce e proclamouse coma o terceiro mellor equipo de España.

 

Hemeroteca