02:28 h. Domingo, 20 de octubre de 2019

Máxima rivalidade para comezar o ano

O Fillos de Breogán xogará este sábado o primeiro partido do ano, e o rival será o Universidade de Vigo

Stadio Sport  |  08 de enero de 2015 (22:04 h.)
Más acciones:

 

Un enfrontamento Coruña ­Vigo nunca está exento do morbo das grandes citas, e no fútbol gaélico non ía ser menos. Aínda que sexa a primeira vez que se miden os dous equipos, un sexa o decano e outro o novato e a nivel deportivo estean moi aloxados, un derbi é un derbi. Fillos de Breogán chega como favorito e cun obxectivo moi claro na cabeza, segurir moi de preto ao líder Estrela Vermelha de Compostela para asaltar o liderado aproveitando un posible tropezo dos líderes invictos. Para iso os coruñeses téñense que manter firmes e non fallar en partidos como o do sábado.

Os vigueses chegan ao enfrontamento cun triste bagaxe na liga, 0 puntos e suma todos os partidos perdidos por malleiras, un cruel comezo na andaina deste xove clube que se lle está facendo moi dura a competición pero que aínda así encara coa máxima ilusión sabendo que só pode ir a mellor.

Como é característico neste deporte o partido non rematará ao asubiar o árbitro senón que terá lugar un terceiro tempo en A Cova Céltica (Orzán, 82) ás 17:30 no que se xuntarán os compoñentes das dúas escadras e os seus seareiros para gozar do bo ambiente que impera na fútbol gaélico.