O torneo celebrarase os días 6 e 7 de xuño nas modalidades de exhibición e combate
Máis de 400 deportistas (434) e case 20 clubs participarán esta fin de semana (6 e 7 de xuño) na cuarta edición do Open “Cidade do Lérez”, que se celebrará en Pontevedra (Pavillón Príncipe Felipe, a partir das 10 horas).
O sábado celebrarase a competición de combate coa participación de 243 deportistas. Pola mañá (de 10 a 14:00 horas) será a competición infantil e cadete e pola tarde, cadete e júnior. Como novidade este ano modificouse o regulamento na categoría infantil, xa que se permitirán realizar técnicas á cara, agora que están protexidos polo casco integral. O domingo, a partir das 10 horas, celebraranse as exhibicións infantís, cadete e adultas, con 191 deportistas inscritos.
Este ano o Open, organizado polo club Taekanart de Monteporreiro, realizará unha recollida de alimentos solidaria para os máis necesitados, xunto coa Asociación de Veciños O Mirador. O punto de recollida estará situado ás portas do pavillón.
Clubes participantes
1. Natural Sport de Sada (Coruña)
2. Taekanart de Monteporreiro
3. Mace-sport de Pontevedra
4. CEIP Coiron Dena
5. DOBOK Escuela
6. Mat´s de Marín
7. Garrapucho de A Coruña
8. Taekwondo Zamora
9. Natural Sport Videlgi (Ribeira)
10. Suh Sport (Boiro)
11. Kido de Sanxenxo
12. Couto (Ourense)
13. Hebe (Moaña)
14. Kiap (Vigo)
15. Ozono Boiro
16. Patiño Moaña
17. Taemi Asturias
18. Wellmess Sport Santiago
19. Vior Asturias