00:00 h. miércoles, 24 de abril de 2024

Lúa Piñeiro participará esta fin de semana no Open de Alejandría de Taekwondo

Stadio Sport  |  19 de febrero de 2015 (20:53 h.)
taekwondo alexandrias

A taekwondista galega enfronta esta cita con moita ilusión, tralo título de campioa de España acadado a pasada fin de semana en Cartaxena

 

Lúa Piñeiro (-67 quilogramos, Natural Sport Riveira) participará esta fin de semana (21 e 22 de febreiro) no Open de Alejandría, torneo G-!, puntuábel para o ránking mundial. 

A galega partía hoxe xunto ao resto da selección española en dirección a Alejandría (Exipto), onde terá lugar este importante torneo que reunirá as primeiras do ránking mundial, coma Francia ou Rusia, polo que será unha dura competición. A nosa representante saltará ao tapiz o domingo, coa firme intención de sumar puntos para o ránking mundial. A taekwondista galega enfronta esta cita con moita ilusión, tralo título de campioa de España acadado a pasada fin de semana en Cartaxena, nunha emocionantísima final fronte a tamén galega Katya Calvar. 

Lúa ten por diante un complicado mes. A próxima semana participará no Open de Luxor (G-2), competición na que tamén estará presente Xián Silva (Mace Sport). E posteriormente competirá en Suiza e Holanda. Así, no prazo dun mes estarán en xogo 60 puntos para o ránking mundial.

Hemeroteca