10:28 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Laura Montes e Crisanto Grajales, campións galegos de acuatlón

Stadio Sport  |  27 de julio de 2014 (03:00 h.)
Podium_Acuatlon_Gallego_Absoluto_Femenino

Participaron case 200 deportistas en todas as categorías

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Laura Montes (Galaico Cidade de Pontevedra) e Crisanto Grajales (Cidade de Lugo Fluvial) proclamáronse hoxe  en Parga (Guitiriz) campións galegos de Acuatlón 2014. No torneo, que se disputou en todas as categorías, participaron case 200 deportistas.  

Na categoría masculina, Crisanto Grajales revalidou o título acadado no ano 2013. Crisanto cumpriu os prognósticos e chegou na primeira posición a meta (29:09), por diante de Andrés Cendán (Dexter Compostela) que foi segundo (30:15) e Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse, 30:25), terceiro.  

 

 

Na proba feminina, Laura Montes (Galaico Cidade de Pontevedra) foi moi superior ás súas rivais, grazas ao segmento da natación (36:21). Foi dende o principio en cabeza, aínda que no primeiro sector tiña moi preto a Sandra Sobreira (Atletismo Porriño), pero na auga aumentou as distancias e chegou a meta con máis de catro minutos de distancia sobre Sandra (40:40). Na terceira posición, a júnior Xiana Rendo (Dexter Compostela) cun tempo de 41:53. As distancias na proba da categoría absoluta son de 2.500 de carreira a pe, 1.000 metros de natación e 2.500 de carreira.  

O campionato comezou ás 16:30 horas coa saída de benxamíns e alevíns, e segundo as categorías, as distancias eran diferentes. Así os benxamíns e alevíns tiveron que facer 500 metros de carreira a pe, 200 metros de natación e 500 metros de carreira a pe. Os infantís percorreron 1.000 metros, 400 natación e 1.000 metros), mentres que as distancias da categoría cadete son 1.500 metros, 500 natación e 1.500 metros. Na proba cadete feminina, altísimo nivel, coas mellores deportistas do estado español en liza e triunfo final para Carmen Gómez, campioa de España de tríatlon da categoría.  

O resto dos campións galegos nas diferentes categorías son:  

Benxamín: Claudia Gámez (Tri-Penta Terras de Lugo) e Alejandro Rodríguez (Tríatlon Ferrol). 

Alevín: Elsa Pena (Atletismo Porriño) e Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial).

Infantil: Raquel Ruíz (Tríatlon Ferrol) e Jorge González (Natación Riveira).

Cadete: Carmen Gómez (Tríatlon Ferrol) e Carlos Brión (Natación Riveira).  

Júnior: Xiana Rendo (Arcade Inforhouse) e Alberto Castiñeira (Arcade Inforhouse).

Veterano/a: Silvia Deira (Arcade Inforhouse) e Fady Hout  (Tríatlon Coruña). 

Hemeroteca