00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Katia Calvar, Lúa Piñeiro e José Fernández participarán no Open de Suiza de Taekwondo

Stadio Sport  |  05 de marzo de 2015 (23:06 h.)
suiza tae

 Os tres deportistas galegos competirá o domingo 8 de marzo

 

Esta fin de semana (7 e 8 de marzo) celebrarase en Lausanne o Open de Suiza, coa presenza dos galegos Katia Calvar (-67 quilogramos, Mat´s), Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport) e José Fernández (-74, Natural Sport). 

O Open de Suiza, que se celebrará os días 7 e 8 de marzo, é un torneo de clase 1, que conta con 384 deportistas inscritos e as seleccións de Francia, Serbia, Suiza, Alemaña, Romania, México, Kazajistán ou Suecia, entre outras. Entre os deportistas inscritos figuran medallistas mundiais ou olímpicos e o espectáculo parece garantido. 

Galicia estará representada en Lausanne por José Fernández (-74 quilogramos), Katia Calvar (-67) e Lúa Piñeiro (-67), que competirán o domingo 8. Lúa é unha habitual nas competicións internacionais buscando puntos para o ránking mundial e leva un mes cheo de torneos. Pola súa banda, José estivo lesionado boa parte da tempada pero na súa reaparición logrou o título de campión de España sénior. Katia está a facer unha gran tempada, a pesar da dificultade do cambio de peso, e quere seguir medrando no seu rendemento.

Hemeroteca