00:01 h. jueves, 28 de marzo de 2024

IV Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade co TRILHO VEIGA DA MIRA en Valença

Stadio Sport  |  11 de marzo de 2015 (18:53 h.)
11032015 Trilho Veiga da Mira Cartel

O primeiro trilho celebrarase este sábado, 14 de marzo. Será o “Trilho Veiga da Mira” que sairá ás 10.00 horas españolas, dende Nosa Señora da Cabeça, percorrendo as freguesías de Cristelo Covo e San Pedro da Torre

 

Un ano máis, a Eurocidade Tui Valença pon en marcha o Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade, no que, ao longo deste ano 2015, dende marzo a decembro, se realizarán dezasete andainas saudables polo municipio de Valença e polo Concello de Tui.

O primeiro trilho celebrarase este sábado, 14 de marzo. Será o “Trilho Veiga da Mira” que sairá ás 10.00 horas españolas, dende Nosa Señora da Cabeça, percorrendo as freguesías de Cristelo Covo e San Pedro da Torre.

Como en edicións anteriores, o punto de encontro alternativo para aqueles que descoñezan o ponto anterior, será no aparcamento do Lidl de Valença, ás 09.45 horas españolas.

Esta andaina terá unha distancia a percorrer de 12 quilómetros, sendo o grado de dificultade baixo, cunha duración aproximada do percorrido de 4 horas e 30 minutos.

Como singularidade deste trilho, todos os participantes que desexen degustar os sabores da lamprea, deberán realizar a súa inscrición a través do teléfono móbil 00351.934.440.770

Toda a información referente ao Circuito de Andainas Saudables da Eurocidade pode atoparse na páxina do Facebook, “Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables”.

Por outra parte este domingo, 15 de marzo, coincidindo coa celebración da “IV Eurocidade BTT”, a partir das 09.30 horas españolas, se realizará unha andaina saudable para todos os acompañantes dos ciclistas e para aqueles interesados que o desexen, con saída dende o Paseo da Corredoira de Tui. O percorrido terá unha duración aproximada de tres horas, sendo a dificultade baixa.

Hemeroteca