00:07 h. martes, 23 de abril de 2024

II Copa Intercontinental feminina de Karate

Stadio Sport  |  09 de abril de 2015 (14:56 h.)
karate

O 11 e 12 de abril de 2015 terá lugar en Madrid a II Copa Intercontinental Feminina, unha competición que reunirá ao mellor do karate español e internacional, grazas á participación das diferentes federacións autonómicas e ás federacións nacionais que confirmaron a súa asistencia

A Federación Galega de Karate estará representada nesta importante competición por cinco deportistas que competirán nas modalidades de kata e kumite individual.

Na modalidade de kumite, as karatecas do Club San Francisco Teo, Ruth Lorenzo Couso e Nerea Bellido Echebarrieta, competirán nas categorías de -55 kg. e +68 kg. respectivamente. Na modalidade de kata competirán Carla Rodríguez Fernandez pertencente ao club Akai-ryu de Negreira e as lucenses do Club Shihan, Noelia Cortiñas Expósito e Paula Ramos Osorio. A representación galega complétase coa participación como árbitro de Cristy Shedimar Tojo Velasco.

Hemeroteca