23:27 h. Sábado, 17 de agosto de 2019

Gran papel do CSF Teo no I Encontro Nacional de Karate “Proxecto Mundial Ferrol 2015”

3 ouros, 2 pratas e 4 bronces foi o magnífico balance dos karatecas

Stadio Sport  |  25 de mayo de 2015 (21:15 h.)
Más acciones:

 

Moi bos resultados os obtidos polos karatecas do CSF Teo no I Encontro Nacional de Karate “Proxecto Mundial Ferrol 2015″, celebrado o 23 de maio na cidade de Ferrol. Un evento no que participaba a selección española das categorías cadete e junior e da que formaban parte karatecas do clube como Silvia Lobato Ríos, Ana Belén Lobato Ríos, Xavier Santos Veiga, Jacobo Veiga Piñeiro e Isabel San Martín López.

Os deportistas destacaron polo seu alto nivel deportivo, o que se viu reflectido na consecución de 3 ouros, 2 pratas e 4 bronces, repartidos do seguinte xeito:

  • Jacobo Veiga Piñeiro, participando como membro da Selección Española: Ouro en Kumite Cadete Masculino peso lixeiro.
  • Paula Garabatos Diéguez: Ouro en Kumite Cadete Feminino Open.
  • Ana Belén Lobato Ríos, participando como membro da Selección Española: Ouro en Kumite Junior Feminino Open.
  • Xavier Santos Veiga, participando como membro da Selección Española: Prata en Kumite Cadete Masculino peso pesado.
  • Isabel San Martín López, participando como membro da Selección Española: Prata en Kumite Junior Feminino Open.
  • Silvia Lobato Ríos, participando como membro da Selección Española: Bronce en Kumite Cadete Feminino Open.
  • Lucas Febrero Souto: Bronce en Kumite Cadete Masculino peso pesado.
  • Andrea García Lemos: Bronce en Kumite Junior Feminino OPen.
  • Gonzalo Veiga Piñeiro: Bronce en Kumite Junior Masculino Peso Pesado.