00:10 h. jueves, 25 de abril de 2024

Galicia logra tres medallas no Campionato de España de Balonmán

Stadio Sport  |  08 de enero de 2015 (13:04 h.)
seleccions infantis

Espectacular final xornada, con triunfos de catro combinados galegos

 

A selección galega infantil feminina logrou hoxe en Castellón o título de campioa de España de seleccións territoriais, nunha xornada espectacular para o balonmán galego, xa que os combinados cadete feminino e xuvenil masculino tamén acadaron o bronce. Ademais, o equipo xuvenil feminino foi quinto, mentres que o infantil masculino e cadete masculino, sextos. 

Estes foron os resultados de hoxe:
 

Infantil feminino: Galicia, 25-Valencia, 22. A selección galega saíu coma sempre coa máxima concentración, unha gran defensa e boas combinacións en ataque. Con esas premisas, enseguida se puxeron por diante no marcador, aínda que con distancias curtas de un ou dous goles. Ata que mediado o primeiro tempo, cunha gran actuación da porteira galega, abriuse un pequeno oco de tres goles (Min. 16, 8-5). Pero Valencia non se rende e cunha magnifica defensa segue viva (9-7, min. 22). Tras un tempo morto de Alejandro Ocampo, Galicia cambia de defensa e logra ampliar a distancia a catro tantos
(11-7), pero dúas boas accións nos instantes finais de Valencia (a última foi un golpe franco co tempo xa parado) permite ás valencianas chegarse no marcador (11-9).

Tralo paso por vestiarios, as forzas se igualaron moito máis, coa porteira valenciana en plan estelar e chegan a lograr o empate (13-13, min. 6). E incluso tiveron a opción de poñerse por diante, pero Galicia non se puxo nerviosa en ningún momento e seguiu xogando como sabe, con coraxe, forzas e actitude. Así, logrou un parcial de (5-1), que obrigou á adestradora de Valencia a pedir tempo morto (18-14, min. 10). Inda quedaba moito por diante e tempo para sufrir e para gozar. As levantinas lograron recortar distancias ata poñerse a só un tanto (22-21) e Galicia en inferioridade, pero estas pequenas confían e moito nas súas posibilidades e non houbo nervios nin medo neses intres. En inferioridade foron moi superiores e lograron aumentar as distancias. Ao final, ouro moi merecido das galegas máis pequenas, pero máis grandes (25-22).
 

Goleadoras: Sarai Espiñeira (7), Andrea Fernández (5), Celia Pedreira (5), Sandra Sánchez (4), Ángela Rodríguez (4).
 

Cadete feminino: Galicia, 31-Castela a Mancha, 23. Ambos conxuntos coincidiran na fase de grupos con vitoria das castelás e Galicia quería cambiar o rumbo. Nos intres iniciais houbo nervios na cancha e así tardaron ata tres minutos en estrear o marcador electrónico. O primeiro gol foi para Galicia e
non deixou de mandar en todo o choque. Na primeira parte, o encontro estivo un pouco máis igualado, pero coas galegas dominando no marcador grazas a unha alta intensidade de xogo, que lles permitiu chegar ao descanso cunha vantaxe clara (15-9). A segunda parte continuou igual: As galegas
conseguían manter a renda e chegaron ao final do partido gañando 31-23. Este resultado permítelle ás galegas colgarse a medalla de bronce.

Goleadoras: Raquel Sineiro (1), Minia Calvo (1), Anabel Gil (7), Zara Barrios (4), Uxía López (1), Carmen Prelchi (5), Marta Pombal (5), Carmen Pereira (7).

Xuvenil masculino: Madrid, 33-Galicia, 40. Partido igualado durante toda a primeira parte, con pequenos parciais para cada equipo.Así, ao descanso 18-17 para os madrileños. Na segunda parte, unha espectacular defensa do equipo galego permitiu o despegue no marcador, obtendo así unha importantísima vitoria que lles concede a medalla de bronce. Este triunfo está adicado a Miguel Casal, quen por motivos de saúde non puido acudir a este campionato.
 

Goleadores: Rubén (10), Anxo (3), Campos (4), Román (6), Arón (1), Samuel (2), David (9), Dani (5).

Xuvenil feminino: Galicia, 25-Navarra, 21. Espectacular peche de campionato o das xuvenís galegas, que se despediron cun triunfo que lles outorga a quinta posición. Foi un partido moi intenso no que as navarras o puxeron moi complicado dende o principio cunha defensa moi dura. Aínda así, o equipo galego soubo manter o marcador a favor cunha gran defensa que lles permitiu saír á contra e realizar situacións de ataque sinxelas.
 

Goleadoras: Nuria (2), Gemma (1), Cova (4), Inés (2), María (1), Sara Pérez (1,) Sara Carril (2), Bea (2), Lara (1), Laura Rúa (6), Sheyla (2), Sandra (1).
 

Infantil masculino: Galicia, 19- Madrid, 29. O equipo infantil finalizou na sexta posición do campionato de España tras un duro partido con Madrid. Na primeira parte o partido estivo igualado con alternancias no marcador. O  resultado ao final deste tempo era 11-12. Na segunda parte o cansazo provoco que pouco a pouco o resultado fose aumentando ata o definitivo 19-29. Destacar que o equipo infantil tivo a gran sorte de ter na bancada animándoos ás flamantes campioas de España infantil.

Goleadores: Eduardo Cousillas (2), Antonio Branco (2), Rubén Fernández (1), Brais González (3), Xurxo Rivas (1), Gonzalo Domínguez (1), Andrés Alonso (7), Roi Sierra (2)
 

Cadete masculino: Castela a Mancha, 42-Galicia, 36. Complicado encontro para os galegos, que en ningún momento se encontraron. Xa de entrada, encaixaron un parcial de 5-0, que os deixou descolocados. Perdas de balón, malas decisións e un bo porteiro manchego provocaron que en ningún
momento os galegos puidesen disputar o choque con opcións. Ao final, achegáronse un pouco no marcado, pero sen posibilidades de remontar.Ao descanso, 24-16
 

Goleadores: Juan Rodríguez (10), Alejandro Conde (7), Carlos Vilanova (3), Pablo Gil (1), Aresio Rosende (6), José Leiras (1), Yeray (1), Sergio Lorenzo (2), Diego de la Iglesia (1), Daniel Ramos (5). 

Hemeroteca