14:23 h. Miércoles, 19 de Junio de 2019

Galicia campiona do Torneo Nacional de Covandonga de Loita

Galicia suma outra vitoria neste ano 2015 o vencer no torneo nacional Real Grupo Cultural Covadonga de Loitas Olímpicas por equipos, que tivo lugar na cidade de Gijón este pasado sábado 6 de Xuño

Stadio Sport  |  09 de Junio de 2015 (13:58 h.)
Más acciones:

O torneo do RGCC estase convertendo ano tras ano, nunha das citas mais importantes do calendario competitivo, por que mestura dúas xornadas de formación con unha xornada de competición. Este modelo está funcionando cada vez en mais citas do calendario.

Nesta ocasión a Selección Galega venceu a competición por equipos e impúxose na categoría cadete.

Os deportistas desprazados ata Gijón foron:

Categoría cadete: 1º clasificado, Carlos Yobanni, 3º clasificado, Roberto Díaz e 2º clasificado, Yago López (Club de Loitas Olímpicas de Vilalba) e 1º Clasificado, Jesús Gonsalves (Club Keltoi de Vila de Cruces).

Categoría sénior, CAMPIONA do torneo RGCC, composta por: Jose Martínez (Club Stellae de Santiago de Compostela), David Seijo e Rubén Méndez (Club Keltoi de Vila de Cruces), Pablo García (Club de Loita Pontevedra) e Damián Iglesias (Club de Loita Touro).

O director técnico da FGLeDA, PAblo Pintos afirma que “a colaboración directa dos clubs para poder asistir a todas as actividades do calendario deportivo deste ano 2015, é fundamental xa que aumenta o compromiso das entidades deportivas e podemos garantir actividades formativas e de nivel para os nosos deportistas”, “cada vez faise mais necesario a colaboración entre diferentes entidades, como poden ser os clubs ou a Federación Española, para levar a cabo o calendario deportivo. O noso sistema deportivo está mudando a pasos axigantados nesta época de crise, polo que temos que buscar novas vías de traballo e de financiación”.