00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Esta fin de semana comeza o taekwondo escolar na modalidade de combate

Stadio Sport  |  05 de marzo de 2015 (23:11 h.)
tae

Ademais celebrarase o Open de Ourense coa participación das seleccións de Portugal, Castela e León e Galicia

O sábado 7 de marzo celebraranse as fases provinciais do taekwondo escolar de Pontevedra (Pontevedra), A Coruña (Betanzos), Ourense (Ourense) e Lugo (Begonte) nas modalidades de combate coa participación total de case catrocentos nenas e nenos. Ademais, en Ourense tamén se celebrará o Open de Ourense, coa participación das seleccións de Castela e León, Portugal e Galicia. 

A proba de Pontevedra, organizada polo Mace Sport, terá lugar o 7 de marzo (a partir das 10.00 horas) no Pavillón Príncipe Felipe da capital do Lérez con 175 taekwondistas inscritos, mentres que a da Coruña (organizada polo club Kwon) celebrarase no Pavillón Municipal de Betanzos con 172 deportistas. Ademais, a proba de Ourense (organizada polo Couto) ten 12 inscritos e en Begonte (provincia de Lugo, coa organización do Jansu) a inscrición é de 20 deportistas.  Este campionato é das categorías alevín (nados nos anos 2003 e 2004)  e infantil (nados nos anos 2001 e 2002), pero na categoría alevín non están permitidos os golpes á cabeza, co obxectivo fundamental de protexer a seguridade dos nenos e nenas. 

A metade mellor clasificada dos deportistas lograrán a clasificación para a fase final, que se celebrará o 30 de maio en Vilalba. Esta actividade está incluída no programa do Deporte Escolar Xogade, desenvolvido pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo. Desta forma, a organización é responsabilidade dos diferentes servizos provinciais en colaboración coa Federación e clubs nos que se delega. 

Open de Ourense. O mesmo sábado e coincidindo coa celebración da fase provincial, disputarase o Open de Ourense, un triangular coas seleccións de Galicia, Portugal e Castela e León (cadete, júnior e sub 21) no pavillón dos Remedios, que servirá como preparación para os próximos campionatos de España cadete e sub 21 (21 e 22 de marzo en Tarragona).

Hemeroteca