01:58 h. Jueves, 13 de Diciembre de 2018

Stadio Sport

Fillos rumbo a Valencia na conquista do Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico

Chega a derradeira xornada do Campionato Ibérico máis deputado da historia

Stadio Sport  |  04 de Junio de 2015 (22:36 h.)
Más acciones:

 

Até catro equipos chegan a Valencia con opcións de gañar o título: Fillos de Breogán, Madrid Harps, Irmandinhos da Estrada e Valencia Sant Vicent. E a combinación é así de clara, quen gañe o torneo da quinta xornada en Valencia será o campión ibérico.

A cousa non pinta doada para os breoganeiros xa que para acceder ás semifinais terán que quedar entre os dous primeiros do grupo A no que están 3 dos 4 aspirantes ao título, para realizar dita proeza Fillos terá diante a Irmandinhos, a Valencia e a un sempre complicado Braithreachas da Estrada.

Fillas, sen nada polo que optar, tentará facerse co torneo que sería o seu primeiro título oficial, para iso terá en fronte ás  Irmandinhas, Madrid Harppetes, Valencia e Madrid O'Donells.