00:02 h. jueves, 28 de marzo de 2024

Fillos de Breogán estará presente no Nocturnia

Stadio Sport  |  27 de mayo de 2015 (00:44 h.)

Fillos de Breogán participará este sábado 30 no Nocturnia, programa de ocio alternativo do Concello da Coruña

 

O prazo de inscrición xa está aberto dende este domingo 24 e poden apuntarse os mozos e mozas en idades comprendidas entre os 12 e 30 anos. A actividade terá lugar na Cidade Deportiva da Torre de Hércules este sábado 30 de maio dende as 18 ás 20h.

É unha gran oportunidade para coñecer e achegarse ao deporte rei irlandés que está petando forte en Galicia, e colle de cheo ao clube coruñés en fin de campaña, con opcións de gañar o Campionato Ibérico o sábado 6 de xuño en Valencia e coa Copa de Galicia en mente para o día 20 de xuño en Compostela.

Tamén Fillos está xa a comezar a planificar a vindeira campaña, polo tanto esta será unha oportunidade de ouro para poder arrancar de cero co clube breoganeiro cara a tempada que vén.

Hemeroteca