Ourense acolleu por primeira vez na súa historia a Xornada Sur da liga de deporte de base de Loitas Olímpicas no pavillón municipal de Oira
A competición desenrolouse en xornada de mañá, dende as 11:00 ata as 13:00 horas, período no que os mais pequenos poderon gozar do deporte. A competición levouse a cabo grazas a colaboración do Club de Loita Atila de Ourense, que está a dinamizar as Loitas Olímpicas na cidade das Burgas. Colaboraron tamén as diferentes administracións públicas, como foron o Concello de Ourense, a Exc. Deputación de Ourense e a Secretaría Xeral para o Deporte.
Os 6 mellores Clubs da zona sur de Galicia, participaron nesta competición lúdica organizada para os mais novos, deportistas de entre 6 e 12 anos, na que a principal diferenza desta competición coa dos maiores está en que esta é por equipos.
O resultado final desta primeira xornada foi:
1º- Club Ciudad de Vigo.
2º- Club Atila de Ourense.
3º- Club San Ignacio de Vigo.
4º- Club Auriens de Ourense.
5º- Club El Castro de Vigo.
6º- Club Kuzushi de Vigo.
O vindeiro sábado 18 de Abril a cidade de Lugo acollerá a Xornada Norte da Liga de Deporte de Base de Loitas Olímpicas.