20:37 h. Viernes, 23 de agosto de 2019

Escolares de Lugo danlle á cidade o primeiro premio nos I Xogos romanos de taboleiros das cidades augusteas

Carmen Basadre asistiu á final que se disputou en Braga 

Stadio Sport  |  22 de mayo de 2015 (17:29 h.)
Más acciones:

 

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu este venres na cidade portuguesa de Braga á final dos I Xogos romanos de taboleiros das cidades augusteas.

Nesta final participaron nenos e nenas de distintos colexios de Lugo e de Braga. Da nosa cidade estiveron representados os colexios Paradai, Casás, Rosalía de Castro, Anexa, Salesianos e Aspnais.

A cidade de Lugo fíxose co primeiro premio polo número de gañadores desta competición.

Os nenos e nenas premiados foron os seguintes: Adrián Lareo, Candela Fernández, Nabil el Achal, Iliana Zaina e Alejandra Quinteiro, que gañaron as medallas de ouro nas distintas modalidades. Carmen González fíxose cun segundo premio. Pola súa parte, Lucía Álvarez, Ramaissa Amel e Henrique Pereira tiveron terceiros premios e Naira Vázquez acadou un cuarto premio.