16:05 h. Viernes, 13 de diciembre de 2019

Douscentos inscritos no Curso Internacional de Técnica e Exhibición

Celebrarase o domingo 5 de abril en Bergondo

Stadio Sport  |  02 de abril de 2015 (17:01 h.)
Más acciones:

 

O domingo 5 de abril celebrarase en Guisamo (Bergondo) o Curso Internacional de Técnica e Exhibición, no que están inscritas 200 persoas. O curso será impartido polo equipo de Corea Shin Woo Hoe (campión do mundo de exhibición nos anos 2012 e 2013) e o mestre Song Ki Sung (campión do mundo). 

O curso de técnica celebrarase pola mañá (de 11.00 a 13.00 horas) e o de exhibición a partir das 15.00 horas. Ademais o equipo coreano realizará unha exhibición a partir das 17.30 horas a porta pechada.  

Día: 5 de abril

Lugar: Polideportivo Guísamo (Brea 176 A)