08:18 h. Viernes, 23 de agosto de 2019

Dous galegos ao Campionato de Europa sub-23 de Loitas Olímpicas

O Loitador Damián Iglesias Vilela (Club de Loita Touro) na categoría de menos de 97kg en Loita Libre Olímpica e o seleccionador nacional Nicolás Castro Seoane (Vilalba, 1976), chegaron este luns a Walbrzych (Polonia), para participar no Cto. de Europa Sub-23 de Loitas Olímpicas

Stadio Sport  |  23 de marzo de 2015 (17:21 h.)
Más acciones:

 

Tras a súa vitoria no pasado campionato de España absoluto de Loitas Olímpicas, Damián Iglesias acaba de recibir cos brazos abertos a convocatoria para participar no campionato de Europa que terá lugar do 22 o 24 de Marzo na cidade de Walbrzych (Polonia).

Esta é a primeira saída internacional coa selección absoluta de Damián Iglesias, que estará acompañado e dirixido polo seleccionador nacional Nicolás Castro Seoane, responsable desta expedición o Europeo de Polonia.

O limitarse a idade deste Europeo os deportistas sub-23, aumentan as posibilidades de ter un bo resultado, xa que quedan fora da competición os grandes dominadores de case que todas as categorías, abríndose o abanico os mais novos da categoría absoluta.

A selección Española acude cun equipo moi novo, composto por: Juan Pablo González (Canarias) en 57 Kg, Daniel Rama (Andalucía) en 86 Kg e Damián Iglesias (Galicia) en 97 Kg. En Loita Libre feminina competirá Marina Rueda (Andalucía)en 53 Kg e por ultimo en Loita Grecorromana participarán José Manuel Talaveron en 66 Kg, Adrian Fortun en 80 Kg e Jesús Gasca en 85 Kg.