00:00 h. viernes, 26 de abril de 2024

Dobre xornada para os equipos do Ribeira Sacra na Liga Galega

Stadio Sport  |  15 de enero de 2015 (02:23 h.)
guillermo sotelo1


Esta fin de semana disputáronse no Pavillón da Pinguela os partidos correspondentes a xornada aprazada no seu día contra Xuvenil Teis e os correspondentes a primeira xornada da segunda volta contra o CV Pontevedra

 

A  xornada aprazada disputada o venres deu como resultados un triunfo do equipo Cadete e as derrotas dos equipos Xuvenil e Infantil
 
Xuvenil: Ribeira Sacra – Xuvenil Teis: (0 – 3) (20-25/20-25/11-25)
 
Claro triunfo do Teis nesta categoría ante un Ribeira Sacra inconstante nas súas accións e que non soubo dar continuidade a un xogo fluido que en algunas ocasións aparecía. Estas xogadoras cadetes en idade e que remataran unos minutos antes o partido da súa categoría, non poideron manter o ritmo de xogo para enfrontarse a un equipo, en teoría superior. 

 

Os tres sets tiveron un comenzó moi titubeante das monfortinas que desde o principio deixaronse coller distancia no marcador e, a pesares de mellorar o xogo na parte final dos mesmos, especialmente nos dous primeiros non poideron recortar e así o Teis dominou con claridade o partido por tres sets a cero.
 
Cadete: Ribeira Sacra – Xuvenil Teis: (3 – 2) (25-18/25-18/23-25/20-25/15-13)
 
Disputadísimo partido e apretado triunfo do Ribeira Sacra, nun encontro que tivo a de cal e a de area nos dous equipos, e donde se notou en exceso a baixa da xogadora Aitana cun proceso febril que a levou a estar encamada toda fin de semana da xogadora que máis está en forma nestes momentos no Ribeira Sacra.
 

Comenzou o partido cun extraordinario xogo do equipo monfortino, centrado nun saque moi certeiro que creou grandes problemas na recepción viguesa, así como nun  ataque moi regular e contundente de Olalla; así durante os dous primeiros sets non deu opción alguna ao Xuvenil de Teis.
 

Foi a partir do terceiro set, e a pesares de levar unha distancia no marcador cun 11-7, cando as monfortinas comenzaron a perder a súa regularidade no xogo, e de forma especial no ataque o que lle deu opción a o equipo de Vigo para poñerse diante do marcador. Este cambio tamén veu precedido polo enorme partido realizado pola xogadora infantil do Teis, Sara, que unha e outra vez martillou a defensa monfortina que en ningún momento foi capaz de parala; dunha forma moi especial polo mal xogo en bloqueo das monfortinas. 
 

Foi nesta dinámica donde o equipo de Vigo se impuxo nos terceiro e cuarto set.
Chegado ao quinto set, foi donde o equipo monfortino volveo centrarse, de forma moi especial no saque, cun comenzó de tanteo de 7-0, propiciado por un saque demoledor de María, e chegados ao cambio de campo cun 8-3 para o Ribeira Sacra. Na segunda parte deste set, foi o equipo vigués que quixo apretar, pero a diferencia non marcador, deulle tranquilidade ao equipo de Monforte para anotarse o quinto e definitivo set.
 
Infantil: Ribeira Sacra – Xuvenil Teis: (1 – 3) (24-26/28-26/23-25/12-25)
 
Partido moi interesante pola incertidume do marcador. Un Ribeira Sacra que comenzou moi forte e que rápidamente marcou distancias no marcador, chegando a ponerse cun 22-11 no marcador. Pero cando todo parecía decidido, o equipo vigués aupado por unha Sara intratable, foi acortando o marcador e conquerindo un parcial de 14-1, que acabou levándose o set, sen que as xogadoras de Verónica foran capaces de reaccionar.
 

O segundo, foi tamén moi igualado e con marcadores parellos, pero que nos momentos finais o Ribeira Sacra levou a seu favor propiciado polo ataque de Lucía e o traballo en bloqueo de Clara.
O terceiro set foi determinante, xa que o igualado do marcador chegou atá os momentos finais, donde o equipo do Ribeira Sacra, chegou a ter duas pelotas de set que non soubo aproveitar, para rematar perdendo por un apretadísimo 29-27.
 

Este mazazo, foi determinate para o cuarto e definitivo, donde as xogadoras locais non foron capaces de superarse pola perda do set anterior e deixaron que a euforia das xogadoras de Teis fora un factor determinante no desenrolo do xogo e se levasen con claridade o mesmo e tamén o partido.
 
O sábado disputouse a primeira xornada da segunda volta contra os equipos do CV Pontevedra, con resultado favorable en todos os encontros das monfortinas.
 
Xuvenil: Ribeira Sacra – Pontevedra: (3 – 1) (25-15/25-16/20-25/25-19)
 
Partido que serviu para resarcirse da derrota do día anterior ante o Teis. 
Cun comenzó de claro dominio do Ribeira Sacra comenzou este partido ante un equipo moi loitador e que xa na primeira volta tivera que resolverse no quinto set. Desde o primeiro momento cun saque moi acertado de María e Nerea e unha boa defensa da líbero Eva, foron as monfortinas marcando distancias no marcador que foron logo mantendo atá o final do set. Tamén no segundo e co aporte en ataque de Olalla e Andrea Gil, produciuse unha  marcha do set moi similar á do primeiro, en que en ningún momento os xogadoras pontevedresas inquietaron no marcador.
 

Foi no terceiro, donde unha vez máis, a falla de tensión na marcha do xogo, producía a perda de balóns fáciles en defensa e máis fallos dos normais no saque, o que lle facilitou ao Pontevedra ir dominando no marcador sen que mostraran reacción ninguna as xogadoras locais que finalmente cederon un set que nunca deberán haber perdido.
Esta circunstancia fixo que desde o banquiño se pedirán explicacións do que estaba a suceder e correxir de inmediato esa relaxación habida no set anterior.  De novo as monfortinas metéronse de novo na marcha do xogo e non deu lugar que a ilusión do set anterior das visitantes poideran dar a sorpresa; desta forma e sen un xogo brillante rematouse o partido.
 
Cadete: Ribeira Sacra – Pontevedra: (3 – 0) (25-20/25-23/25-21)
 
Partido de dominio do Ribeira Sacra ante un Pontevedra moi traballador no aspecto defensivo que levantou moitos remates das locais e que propiciaron que se disputaran puntos moi longos.
Unha vez máis neste partido, ao igual que no de xuvenís e nos do día anterior ante Teis, volveuse a notar moito a ausencia de Aitana motivada por unha gripe. Nembargantes as monfortinas non quixeron deixarse sorprender e, anque non foi un partido brillante, non deron opción a sorpresa.
 

No primeiro set foi dun dominio claro das locais, anquen a fase final do mesmo e debido a erros non forzados permitiron que as pontevedresas se acercaran no marcador.
 

Foi o segundo set moito máis igualado, especialmente polos bós ataques da súa xogadora Loreto, no que o Pontevedra puxo contra as cordas ao Ribeira Sacra. Foi nos momentos finais, e cun empate a 23, coa a saida ao saque da infantil Fani nos que a defensa das monfortinas funcionou sen erros e permitiulle sacar o set adiante.
 

Tamén o terceiro foi igualado atá os momentos finais, donde o tanden da colocadora María coa atacante Olalla funcionou e romperon a defensa visitante e así rematar facéndose co partido.
 
Infantil: Ribeira Sacra – Pontevedra: (3 – 0) (25-11/29-27/25-14)
 
Importante vitoria do equipo infantil que o sitúa na cuarta praza da clasificación que lle daría dereitoa a disputar a fase final do campeonato galego. Un partido, que a excepción do segundo set, foi dun claro dominio do Ribeira Sacra. Comenzo marcado pola superioridade en ataque das monfortinas que foron marcando distancias desde o principio, motivadas polas accións na rede de Fani e Lucía. Tónica que continuou atá o final do set. 
 

No segundo reacionaron os pontevedresas propiciados polas boas accións no saque que non foron respondidos por unha acertada recepción das locais e propiciaron un final trepitante, sentenciado polas accións de Clara no bloqueo e os ataques de Lucía, rematando nese apretadísimo 29-27.
 

Xa no terceiro set o Ribeira Sacra tomou a iniciativa desde o principio que non deixou reacionar en ningún momento ás pontevedresas.

Hemeroteca