17:48 h. viernes, 19 de abril de 2024

Discreta actuación do CSF Teo no Campionato de España de Clubs de Karate

Stadio Sport  |  21 de mayo de 2015 (02:01 h.)

Porque no deporte, ao igual que en todos os ámbitos da vida, unhas veces gáñase e outras veces toca perder, aínda que sempre sacando conclusións que nos fagan mellorar

 

O equipo integrado polas karatecas Ruth Lorenzo Couso, Nerea Bellido Echebarrieta e Carlota Fernández Osorio tivo unha discreta actuación no Campionato de España de Clubs celebrado o 16 e 17 de maio na localidade de Leganés.O equipo caeu derrotado na primeira ronda ante o Calahorra da Rioxa por un marcador de 2-1. O equipo rioxano alzouse finalmente coa medalla de bronce. 

Pese á derrota as teenses deron mostras do seu alto nivel o que fai pensar que en futuras edicións poden ocupar lugares de privilexio nesta importante competición, que contou coa participación de preto dun milleiro de karatecas pertencentes a clubs de toda a xeografía española.

 

Hemeroteca