02:30 h. Domingo, 20 de octubre de 2019

Derrota agónica de Galicia, na prórroga, contra Cataluña no Torneo IV Nacións de balonmán feminino

Galicia caeu este domingo fronte a Cataluña na prórroga, con toda a honra e deixándoo todo na cancha ata o último segundo, na loita polo terceiro posto no Torneo IV Nacións de balonmán feminino, que se celebrou esta pasada fin de semana en Elgoibar, País Vasco

Stadio Sport  |  08 de junio de 2015 (01:12 h.)
Más acciones:

 

As galegas estiveron por diante no marcador durante todo o partido, a pesar das numerosas exclusións sufridas e das lesións, que foron debilitando o equipo, e que no último minuto permitiron ás catalanas acadar o empate que levou o partido ata á prórroga, onde lograron o triunfo nun golpe franco co tempo xa rematado.

Foi un encontro épico que as galaicas enfrontaron coma se fose unha final. E así, cun magnífico traballo defensivo e unha gran efectividade en ataque foron mandando no marcador dende o inicio. No minuto 10, gañaban por dous goles (4-2) e pouco a pouco foron aumentando distancias ata chegar ao descanso cun contundente 15-9 para as galegas. E iso a pesar de que xa comezara o carrusel de exclusións, que ao final foron decisivas. Na primeira metade houbo catro.

No reinicio do partido tralo descanso, as galegas acadaron a máxima vantaxe (18-10, min. 35) , pero a partir dese intre comezaron a sufrir. As exclusións non cesaban e a iso hai que sumarlle as lesións de Isa e Sarai, polo que o equipo ía perdendo fuelle pouco a pouco. No minuto 50, Cataluña logrou achegarse a tres tantos (24-21) e a falta de cinco para o remate do choque estaban a só un (25-24). As galegas estaban xa sen forzas e no último instante Cataluña acadou o empate que levou o partido á prórroga (27-27).

E neses cinco minutos extras, o destino foi duro para as galegas. Co tempo finalizado e empate no marcador, golpe franco a favor das catalanas: A barreira toca o balón e tamén a portera Iris, pero o balón entra chorando e da o triunfo a Cataluña (28-29).

Galicia: Iris San Juan, Carla Abad (2), Emmanuela Prieto (4), Andrea Dapena (3), Carla Rivas (4), Erika Franco, Cecilia Cacheda (7), Irene Sánchez, Alba Amoedo, Sandra Loureiro (3), Arima López (2),  Sara González (3) e Isabel Bastero.