00:07 h. viernes, 29 de marzo de 2024

A Deputación de Pontevedra mantén o seu apoio ao Club Galaico Sincro

Stadio Sport  |  11 de mayo de 2015 (17:47 h.)

Fundado en 1994, o Club Galaico Sincro conta na actualidade con preto dun cento de nadadoras que ademais de manterse na elite da natación española adestran para estar en Europa

 

A deputada Ana I. Vázquez entregoulle esta luns a presidenta do equipo pontevedrés a resolución presidencial pola que se lle conceden 5.000€ para financiar  a súa participación en ligas e competicións oficiais.

Fundado en 1994, o  Club Galaico Sincro conta na actualidade con preto dun cento de nadadoras que ademais de manterse na elite da natación española adestran para estar en Europa. “Para nós esta subvención é esencial porque non hai patrocinios privados e as axudas das administracións son fundamentais para poder competir”, afirmaba Belén Álvarez ao poñer como exemplo os elevados gastos aos que teñen que facer fronte para acudir a citas destacadas como Campionato de España.

O Club Galaico Sincro é o único equipo galego que participou no o pasado mes de marzo en Valladolid no Campionato de España de inverno Junior e Senior.

A presidenta do Club dí que o equipo afronta o final de temporada co obxectivo de mellorar os resultados “queremos clasificar a dúas nadadoras entre as 25 primeiras de España en categoría infantil para poder ter opción de ir á copa europea”. A nadadora Elisa Seoane ocupa arestora o posto 11 do ránking nacional e Reyes  Gómez está no 25. 

Hemeroteca